Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.546

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 190/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 722/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico superior en supervisión e control de máquinas e instalacións do buque e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo

formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais

e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en supervisión e control de máquinas e instalacións do buque, regulado polo Real decreto 722/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias a acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo, poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Planificar e dirixi-las actividades de mantemento e reparación das instalacións e servicios de máquinas do buque, cumprindo e supervisando o cumprimento das normas de seguridade e medioambientais.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Efectuar e supervisa-lo mantemento segundo os planos ou manuais da planta propulsora e motores auxiliares, dirixindo a desmontaxe e a montaxe dos seus elementos.

* Realiza-la montaxe de máquinas e sistemas de elaboración e procesado, efectuando operacións de axuste e posta a punto a partir dos manuais de servicio.

* Realiza-las medidas e ensaios necesarios sobre os sistemas eléctricos e electrónicos para verifica-lo seu correcto funcionamento, efectuando a elección e substitución de dispositivos avariados (incluíndo a comprobación do software oportuno).

* Realiza-lo estudio e a detección analítica de avarías, definindo as medidas correctoras necesarias.

* Realiza-lo axuste e comprobación dos elementos e dispositivos avariados, realizando a posta a punto do sistema.

* Elabora-lo plan de mantemento das instalacións mediante o estudio dos seus manuais e documentos técnicos.

* Realiza-las comprobacións e análises precisas á vista dos resultados do plan de mantemento, determinando os elementos que será necesario reparar para evitar avarías a curto ou medio prazo.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Propor pequenas melloras nas instalacións, dirixindo ou efectuando as modificacións que se deriven delas, tendo en conta os regulamentos vixentes.

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións dos seus subordinados e das súas propias, no marco das normas e plans establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

2.2.3. Capacidade para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión global e integradora dos medios humanos, materiais e económicos que del dependen dentro do buque.

* Dirixi-las reparacións e mantemento das máquinas e sistemas automáticos que inclúen dispositivos electrónicos, eléctricos, pneumáticos e hidráulicos, segundo os planos ou manuais de mantemento.

* Organiza-la montaxe e comprobación de circuítos eléctricos, mediante esquemas e planos, seleccionando e utilizando os compoñentes e instrumentación necesaria (software e hardware de proba).

* Organizar e dirixi-lo taller e o almacén.

* Elaborar informes histórico-técnicos sobre traballos ou reparacións realizadas por un equipo ou persoal alleo ó buque.

* Organiza-la seguridade e resposta rápida en casos de emerxencia (loita contra incendios e abandono do buque).

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, con actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.2.4. Capacidade para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía nel/a:

* Xefatura de máquinas de buques con certas limitacións de potencia.

* Realización da garda de navegación en buques con certas limitacións de potencia.

* Manexo e verificación dos parámetros de funcionamento das máquinas e motores xeradores de forza.

* Axuste e comprobación das instalacións e sistemas mecánicos, eléctricos e automáticos.

* Operacións de mantemento descritas nos manuais das máquinas e equipos.

* Elaboración do plan de mantemento da máquina e servicios do buque.

* Reparacións periódicas en terra, montaxes e desmontaxes, suxeitas a verificacións reguladas por normativas nacionais ou internacionais.

* Elaboración do plan de mantemento integral das instalacións do buque.

* Posta a punto de equipos e sistemas do buque.

* Planificación do procesado e conservación dos productos capturados.

2.4. Unidades de competencia:

1. Supervisar e controla-lo funcionamento da planta propulsora, motores auxiliares e servicios.

2. Supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguridade.

3. Supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización.

4. Supervisar e controla-las instalacións e equipos frigoríficos, de extracción, elaboración e procesado.

5. Organiza-lo mantemento e reparación de elementos e equipos en flotación e en seco.

6. Organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: supervisar e controla-lo funcionamento da planta propulsora, motores auxiliares e servicios:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Dirixir e controla-lo funcionamento da planta propulsora, analizando o seu rendemento e verificando a súa posta a punto.* Comprobouse o estado de inxectores (tarado, perdas e forma de chorro), corrixíndose defectos.

* Verificouse que o proceso de inxección se puxo a punto segundo diagramas e características do motor.

* Verificouse que o sistema de alimentación de aire permite que o motor funcione co máximo rendemento (temperatura, presión e varrido).
* O mantemento/reparación do turbo realizouse seguindo normas/libro de instruccións.
* Analizáronse de forma periódica os diagramas e parámetros do motor permitindo que este funcione co seu máximo rendemento.
* Verificouse que o axuste e o funcionamento dos elementos do motor e os seus sistemas auxiliares se realizaron adecuadamente.
* A comprobación e análise dos datos rexistrados no ordenador ou libro de gardas permite detectar anomalías de consumos: combustible, auga, refrixeración, aceite de cilindros, aceite de cárter.
* Comprobouse que os depuradores de combustibles e aceite se autodisparan e que o selo e a alarma de descebado funcionan correctamente.
* A comprobación dos resultados da análise de aceite e auga do motor, permite que o tratamento a que se someten os manteñen nas ordes establecidas.
* O mantemento dos elementos dos sistemas auxiliares do motor principal verificouse seguindo normas/libro de instruccións.

1.2Controla-lo funcionamento e o mantemento de equipos e sistemas auxiliares (servicios).* Os circuítos principais e de emerxencia para o achique de augas contaminadas ós tanques de lamas ou a separadores oleaxinosos foron identificados, evitando as descargas de productos contaminantes ó mar.

RealizaciónsCriterios de realización

* Dictáronse instruccións e tomáronse as precaucións correctas para evitar perdas de combustible, eliminando riscos de incendios e de contaminación.
* Tomáronse as precaucións correctas que afectan á estabilidade ó efectua-lo lastrado ou deslastrado de tanques de carga, combustible ou lastre.
* Realizouse o axuste e comprobación das válvulas pneumáticas e electroválvulas que fan funciona-la planta separadora de augas oleaxinosas atendendo a criterios antipolutivos rexidos por normas e comprobando que funciona correctamente o disparo de protección por aumento de p.p.m. na descarga ó mar.
* O axuste e comprobación da lectura do analizador permite que as augas descargadas non sobrepasen o límite máximo permitido.
* Axustouse o sistema de aire comprimido, comprobouse e regulouse, comprobando a frecuencia de disparo de purgadores e que o tempo de parada (marcha do compresor) corresponde ás necesidades de servicio.
* Reguláronse e axustáronse os grupos de presión para os servicios de auga doce e sanitarios en función das necesidades do servicio.
* Realizouse o axuste e comprobación da planta potabilizadora de auga seguindo as instruccións de manuais de funcionamento, mantendo a temperatura de evaporación e o baleiro a máximo rendemento e o caudal e os cloruros da auga destilada na marxe establecida, comprobando que o disparo por salinidade funciona correctamente.
* Comprobouse que os sistemas de seguridade dos xeradores de vapor actúan dentro dos parámetros establecidos.
* Verificouse que as secuencias de manobra en automático dos xeradores de vapor dan resposta rápida ás demandas de vapor e hai ausencia de fume no escape.
* Efectuouse o mantemento dos equipos e sistemas auxiliares seguindo instruccións de planos e manuais, realizándose o estudio e a detección analítica de avarías.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Motores de combustión interna, sistema de inxección, sistema de lubricación, sistema de refrixeración, válvulas de regulación termostática, sistema de arranque. Indicador de diagramas, flexímetros, bombas desprazamento positivo, bombas centrífugas, bombas rotativas. Evaporadores. Servicios de auga doce. Servicios sanitarios e contra incendios e lastre: redes de colectores para bocas contra incendios, sistemas de esparexedores, pantallas de auga, xeradores de espuma. Conductos de aspiración das sentinas e accesorios, filtros, válvulas de retención: conductos principais, directos e de emerxencia para achique das sentinas, montaxe transversal dos sistemas de bombas e dispositivos de seguridade. Tratamentos de augas, separadores de auga oleaxinosa. Analizador de augas, salinómetros, hidróforos con membrana interior ou sen membrana con exector ou alimentación de aire exter

no. Depuradoras. Planta potabilizadora. Xeradores de hipocloritos, sistemas de aire comprimido. Servicios de vapor.

-Procesos, métodos e procedementos:

Colocación, calce, aliñación e unión ós eixos de transmisión correspondentes á maquinaria. Procedemento de posta en marcha, período de repouso, ensaio en baleiro e a plena carga. Posta a punto de bombas de inxección, tarado de inxectores, axuste de válvulas. Análise de augas. Tratamento centrífugo de aceites combustibles ou de lubricación.

-Información. Natureza, tipo e soportes:

Termodinámica aplicada, transformacións e ciclos. Constitución xeral dos motores de combustión interna. Elementos de circuítos auxiliares: combustión, refrixeración e engraxe. Características de aceites e combustibles. Mecánica de fluídos. Manuais de instruccións: constitución das máquinas e as súas partes constructivas. Regulamentos relativos á contaminación do mar, as augas costeiras, interiores e portos. Simboloxía normalizada de planos, libro de estabilidade.

2.5.2. Unidade de competencia 2: supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguridade:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Dirixir e controla-lo funcionamento e mantemento de xeradores e motores eléctricos.* Tódolos circuítos foron interpretados correctamente nos esquemas e planos.
* Comprobouse que a carga efectiva do buque está dentro dos límites de potencia xerada.
* Verificouse o axuste da voltaxe e a frecuencia.
* Comprobouse que as resistencias do regulador de velocidade dos motores de c.c. (reóstatos) actúan na secuencia correcta.
* Verificouse que as resistencias de filaxe actúan de acordo coas condicións establecidas.
* O emparellamento de alternadores en paralelo e semiparalelo realizouse tendo en conta a distribución de carga de cada xerador.
* Os rodamentos foron substituídos adecuadamente, utilizando métodos de dilatación sen producir danos (quentamento por inducción ou mergullo en aceite).
* Realizouse o cálculo das bobinas substituídas segundo o motor ou xerador de que se trate.
* Verificouse que os motores e xeradores reparados (substitución de bobinas, reparación) traballan dentro dos valores (illamento, revolucións, consumos) establecidos.

2.2Dirixir e controla-lo mantemento dos cadros de distribución e redes de forza e iluminación das instalacións en corrente alterna e continua.* Identificáronse e interpretáronse tódolos circuítos correctamente.

* Comprobouse e, se é o caso, reparouse a parada de emerxencia seguindo planos e manuais de instruccións e normas de seguridade.

* As avarías dos elementos do circuíto (térmicos, aparellos de medida, contactores, bases de fusibles, liñas) que producen mal funcionamento ou interrupcións do circuíto por desconexión dalgún compoñente foron detectadas correctamente mediante operacións de medida e control.
* Verificouse que os elementos e pezas avariadas foron substituídas seguindo procedementos de traballo e medidas de seguridade correctas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse o axuste dos circuítos de manobra de arranque, mando e control (estrela-triángulo), seguindo indicacións de esquemas e manuais.
* Realizáronse as reparacións nas instalacións tendo en conta as cargas de liña e o tipo de material utilizado.
* As operacións de mantemento realizáronse segundo o plan establecido.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Máquinas de corrente continua, corrente alterna. Motores asíncronos trifásicos de gaiola de esquío, motores de rotor bobinado, motores asíncronos monofásicos. Motores de varias tensións, motores trifásicos convencionais en monofásico, motores universais, motores síncronos, alternadores, dínamos, Megxer, tester, pinza amperimétrica, fasímetro, asímetro, osciloscopio, telurómetro, elementos e dispositivos de potencia. Elementos de mando central e regulación. Contactores, relés, limitadores, temporizadores. Sistemas de mando, control e regulación, unidades de regulación estática e dinámica de alternadores. Xerador de hipocloritos. Protección catódica. Circuítos de correntes impresas. Baterías, cargadores de baterías.

-Procesos, métodos e procedementos:

Funcionamento e conexión en paralelo de xeradores de corrente continua e de corrente alterna. Posta en marcha automática dos xeradores de emerxencia. Coidado e mantemento de baterías, proceso de carga. Distribución da enerxía a partir dos cadros de distribución principal e de emerxencia. Conexión buque-terra.

-Información. Natureza, tipo e soportes:

Tipos de protección dos motores. Rendemento, factor de potencia, r.p.m., par, deslizamento, temperaturas de réxime, límites e causas de sobrequecemento. Instalación e posta en servicio dos motores (amortecemento de vibracións, aliñamento, etc.), manobras de arranque, regulación de velocidade, inversión de xiro, freada (mecánica e magnética). Instalacións eléctricas; proteccións, cálculo de reaccións, reparto de cargas, cálculo e corrección do factor de potencia. Construcción, funcionamento e mantemento dos sistemas de subministración, goberno, alarma, vixilancia e comunicación.

2.5.3. Unidade de competencia 3: supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Dirixir e controla-lo mantemento e reparación das instalacións e sistemas pneumáticos.* Identificáronse correctamente tódolos elementos dos equipos e as súas relacións correctamente seguindo planos e esquemas.
* As avarías dos elementos do circuíto (reguladoras de presión, separadoras, secadores, sensores, válvulas de seguridade, membranas) que producen desconexións ou disfuncións no sistema foron detectadas correctamente por medio de operacións de control e medida (presións, estanquidade, temperatura).

RealizaciónsCriterios de realización

* Verificouse que os elementos e pezas avariadas foron substituídas seguindo os procedementos de desmontaxe e montaxe correctas.
* Realizáronse segundo o plan establecido as operacións de mantemento (cambio de filtros, purgado de circuítos, estanquidade do circuíto) e correctivo (substitución de elementos: paletas, rotores, discos, membranas, válvulas, rodamentos).
* O axuste e a comprobación dos órganos ou dispositivos substituídos ou reparados realizáronse correctamente, poñendo a punto o sistema.
* As reparacións da instalación, disposición de elementos novos e interconexionado de circuítos, realizáronse axustándose ás posibilidades técnicas do sistema, criterios e normativas de seguridade.

3.2.Dirixir e controla-lo mantemento e reparación das instalacións e sistemas oleo-hidráulicos de mando e manobra.* Interpretáronse correctamente tódolos sistemas seguindo planos e esquemas de deseño.

* As avarías dos elementos do circuíto que producen desconexións ou disfuncións no sistema foron detectadas correctamente por medio de operacións de control e medida (presións, estanquidade, revolucións, temperaturas).

* Verificouse que os elementos e pezas avariadas foron substituídos seguindo procedementos de desmontaxe e montaxe correctas.
* Realizáronse segundo o plan establecido as operacións de mantemento preventivo (cambio de filtros, substitución de fluídos, purgado de circuítos) e correctivo (substitución de elementos, cambio de xuntas).
* O axuste e comprobación dos órganos ou dispositivos substituídos ou separados realizouse correctamente, poñendo a punto o sistema.

* As modificacións da instalación, disposición de elementos novos e interconexionado de circuítos, realizouse axustándose ás posibilidades técnicas do sistema.

3.3.Realiza-lo diagnóstico de fallos e mantemento dos sistemas automáticos.* Os sistemas e circuítos foron interpretados correctamente seguindo planos e esquemas do deseño.
* O axuste e calibración dos sistemas de control automático convencionais, proporcional integral (PI), proporcional integral e derivativo (PID), pneumático, eléctrico e electrónico, realizáronse segundo os parámetros das funcións que regulan (temperatura, presión, velocidade, caudal).
* Realizouse o axuste ou calibración do control automático (temperatura, presión, velocidade, caudal) por computador e/ou autómata programable.
* Os fallos nos sistemas de captación de información (transductores, sensores, detectores, transmisores e convertedores de sinal) foron diagnosticados correctamente mediante medidas e ensaios.

* Realizouse en tempo e forma correctos o mantemento de sistemas eléctrico-electrónicos.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Sistemas de goberno automático e a distancia. Sistema pneumático: elementos do sistema, compresores, reguladores, separadores, secadores. Sistemas pneumáticos principais e auxiliares. Servomecanismos. Sis

tema oleo-hidráulico: elementos do sistema, bombas, motores, reguladores. Xeradores hidráulicos principais e auxiliares, servomecanismos. Sistema eléctrico-electrónico: elementos e dispositivos de potencia, elementos de mando control e regulación (sensores, transductores e elementos de mando). Reguladores eléctricos e electrónicos: proporcional (P), proporcional integral (PI), proporcional integral derivativo (PID). Controladores programables.

-Procesos, métodos e procedementos:

Pneumática: producción, distribución e preparación, circuítos do sistema. Servicio, calibración, mantemento, limpeza, tratamento do aire e punto de orballo. Hidráulica: servicio, calibración, mantemento e limpeza do sistema. Electricidade-electrónica: sistemas automáticos e programables (comprobación e posta a punto do hardware, tanto básico como de interconexión, dun sistema programable). Medicións e ensaios a través de puntos de proba lóxicos, osciloscopio multitrazador, analizadores lóxicos. Análise e interpretación do comportamento global dun sistema, análise das disfuncións existentes nun sistema dado. Manexo de ferramentas tanto circuitais (hardware) como de programación (software) para o uso dos controladores programables. Análise e programación de sistemas automatizados por autómata ou computador industrial.

-Información. Natureza, tipo e soportes:

Enerxía pneumática, enerxía hidráulica. Informática básica: tratamento dixital da información (esquemas de funcionamento dun sistema). Diagrama de bloques dun computador e dun sistema automatizado. Codificación da información: sistemas de codificación, estructuras e xerarquización, soporte da información. Sistemas automáticos e programables. Sistemas dixitais programables: arquitectura e programación. Sistemas de adquisición de datos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: supervisar e controla-las instalacións e equipos frigoríficos, de extracción, elaboración e procesado:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Supervisa-lo funcionamento e mantemento das instalacións de frío e climatización (conservación e conxelación de capturas, gambuzas frigoríficas, aire acondicionado), conseguindo a funcionalidade prefixada.* Detectáronse os fallos no sistema de circulación de aire forzado que producen a baixada no rendemento da instalación.

* Detectouse a presencia de incondensables e procedeuse ó seu purgado.

* Detectouse presencia de humidade no circuíto do refrixerante e procedeuse á súa eliminación de forma correcta.
* Detectáronse os fallos que na instalación producen a comunicación do refrixerante entre fases de alta, media e baixa presión da máquina (válvulas de aspiración e descarga do compresor en mal estado).
* O cambio de aros e camisas no compresor foi decidido correctamente, tendo en conta a diminución do nivel de aceite na máquina.
* Detectouse baixo rendemento nos condensadores, procedendo á súa limpeza ou regulacións necesarias tendo en conta temperaturas, caudais e presións do refrixerante.

RealizaciónsCriterios de realización

* Reguláronse os parámetros de traballo (presóstatos) do refrixerante nos circuítos de alta e baixa presión, así como os enclavamentos para as paradas das máquinas por alta e baixa presión ou falta de auga de condensación e baixo nivel de aceite.
* Nas válvulas de expansión termostáticas instaláronse as tobeiras de acordo coa capacidade da planta e regulouse o grao de requecemento axeitado.
* O desxeo de evaporadores realizouse empregando os procedementos (gas quente, auga) correctamente e utilizando o método que as circunstancias aconsellan.

4.2.Supervisa-lo funcionamento e mantemento das instalacións de elaboración e procesado, conseguindo a funcionalidade requirida.* A disposición dos elementos, máquinas e equipos que conforman o parque de elaboración e procesado da pesca realizouse de forma óptima e tendo en conta as súas funcións específicas.
* Realizouse o axuste das máquinas fileteadoras (corte, resortes, tensión de correas e pelado) asegurando un traballo simétrico nas operacións de descabezado, eviscerado e fileteado.
* Verificouse que o sistema hidráulico-motriz das instalacións do parque traballan dentro dos parámetros (presión, caudal) requiridos.
* Realizáronse oportunamente o aliñamento (piñón de ataque do motor) e os axustes (rodas de xiro do tambor) da lavadora.
* Verificouse que a tensión e aliñamento das cintas transportadoras é o correcto.
* Realizáronse en tempo e forma correctos as operacións de mantemento e reparación das instalacións.

4.3.Supervisa-lo mantemento dos equipos de extracción para garantir unha segura e eficaz manobra nas operacións de pesca.* Verificouse que os dispositivos de seguridade, embragues, freos pneumáticos e manuais (ferodos) actúan correctamente.
* As operacións de mantemento realizáronse seguindo procedementos de montaxe e desmontaxe normalizados e indicados nos manuais.
* A posta a punto dos sistemas e equipos realizouse mediante o axuste dos seus órganos fixos e móbiles: embragues, freos, estibadores de cable, reductoras de velocidade, fusos sen fin, coroa de piñóns e reténs.
* A verificación e o axuste das presións e temperaturas dos fluídos ou tensións eléctricas dos sistemas ou equipos realizáronse seguindo instruccións dos manuais.
* As medidas que deben adoptarse a nivel de usuario durante operacións de emerxencia foron establecidas con claridade.

Dominio profesional

-Medios de producción e tratamento da información:

Cámaras e túneles de conxelación, cubas de salmoira, armarios, gambuzas frigoríficas, aire acondicionado. Elementos de control: niveis de líquido, visores de líquido, reparadores de aceite, condensadores. Compresores: alternativos, rotativos, bombas de baleiro, productos secadores, aceites e graxas especiais inconxelables. Equipos de extracción: maquiniñas, tren de engrenaxe, piñóns, rodamentos, haladores, correteis autoestibadores, fusos sen fin, cuñas de arrastre de estibados, rolos viradores, winches, reductores,

engrenaxes, motores hidráulicos, eléctricos, pastecas, rodamentos, eixes, reténs. Equipos de elaboración e procesado: descabezadora, evisceradora, fileteadora, peladoras, lavadoras, bañadoras, cintas transportadoras, flexadoras, chouriceiras, trituradoras.

-Información. Natureza, tipo e soportes:

Manuais de instruccións para o funcionamento e mantemento do equipo e sistemas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Conxelación por circulación forzada de aire (túneles de conxelación), inmersión en cloruro de sodio (salmoira), armarios de placas (contacto). Medidas que deben adoptarse en caso de emerxencia. Climatización, conservación por sistemas de expansión directa, circuíto secundario de cloruro de sodio ou calcio (salmoira), circulación forzada de aire.

2.5.5. Unidade de competencia 5: organiza-lo mantemento e reparación de elementos e equipos en flotación e en seco:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Organizar e xestiona-las operacións técnicas do buque.* A documentación técnica (manuais, planos, esquemas) das máquinas e equipos foi ordenada e posta ó día (correccións, modificacións ou aplicacións).
* Foron verificados e postos ó día os certificados do buque expedidos por sociedades clasificadoras e pola inspección do buque.
* Realizáronse as operacións de subministracións e gasto de consumos, axustándose ós cálculos previamente elaborados (estabilidade, asento, viaxe).
* Rexistrouse de xeito correcto o historial técnico das máquinas e equipos.

5.2.Organiza-los traballos de mantemento en instalacións e máquinas do buque en función das actividades e medios tecnolóxicos que se xestionan.* O plan de mantemento preventivo a curto e medio prazo de engraxes, limpezas, cambios de aceite e lavado de filtros elaborouse tendo en conta métodos e tempos de traballo, elección de operacións e ordenación das fases de traballo.
* O mantemento correctivo a curto e medio prazo de axustes e verificacións, a detección de avarías, as montaxes e desmontaxes, elaboráronse tendo en conta métodos e tempos de traballo, elección de operacións e ordenación das fases de traballo.
* Actualizáronse e puxéronse ó día as fichas de traballo.
* Recolléronse nos plans de mantemento os requirimentos establecidos polas sociedades clasificadoras e pola Inspección Nacional de Buques.

5.3.Organiza-lo taller e almacén, tendo en conta os medios dispoñibles e tarefas para realizar.* O stock de materiais, ferramentas e pezas de reposto foi verificado avaliando as necesidades de aprovisionamento a curto e medio prazo.
* As condicións de almacenamento e conservación de materiais e ferramentas son as idóneas.
* A información técnica de subministracións foi posta ó día.

Dominio profesional

-Medios de producción e tratamento da información:

Paquete informativo de xestión básica. Certificados de buque, validez. Fichas de traballo. Diarios de

máquinas. SOLAS 74, Protocolo 78. Emenda do 81. Libro de estabilidade.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Especificacións xerais do buque: planos de descrición xeral de cubertas, adegas, dobres fondos. Planos de roda, codaste e temón. Planos de políns de máquina principal. Planos de aparellos de goberno e as súas transmisións. Planos de arcobotantes, enchemento dos eixos e bucinas. Planos do sistema de ventilación sobre a cuberta de intemperie.

Planos de embornais e descargas sanitarias que atravesan o forro exterior.

Cálculos: curvas de esloras inundables, incluíndo os cálculos e os planos de construcción. Cálculos de estabilidade para o buque intacto e en condicións finais de inundación. Planos de capacidades e calibración de tanques. Escala de calados.

Protección contra incendios: planos de protección contra incendios. Planos de ventilación. Sistemas de alarmas, sistemas de protección contra incendios.

Propulsión. Datos sobre motores diésel: potencia máxima de freada en servicio continuo, revolucións, presión máxima, presión media, velocidades críticas, manual de instruccións.

Planos de motores diésel principais: conxunto seccionado do motor, cegoñal, barras e bielas, tubos de presión e recipientes de aire, bucinas, liñas de eixos. Información sobre maquinaria frigorífica e espacios de carga refrixerados: planos de tubos e sistemas de refrixeración principal e auxiliares, dispositivos de drenaxe, disposición dos conductos de ventilación, ventiladores, refrixeradores, termómetros, detalles sobre compresores, condensadores, listas de limpezas de reposto e equipo.

Servicios auxiliares: disposición xeral das bombas e os seus tubos, servicios de sentinas e lastres, servicios sanitarios, servicio de combustible, servicio de contraincendios, servicios de ventilación, sonda e rebordadeiros nos tanques.

Electricidade. Equipos propulsores e xeradores auxiliares: características, políns, planos de conxunto, eixos, detalles de estator e rotor, detalle dos axustes electromagnéticos, velocidades críticas, disposición e detalle do equipo de control e diagrama completo de cables eléctricos. Rede eléctrica auxiliar: diagrama de tódolos cables, lista completa de cables alimentadores, capacidade de fusibles e outros medios de protección. Cadros eléctricos auxiliares: disposición da instalación, diagrama de conexión. Tipo e capacidade das baterías de acumuladores eléctricos das instalacións frigoríficas, aparello de goberno, de control de ventiladores, dos chigres para os botes salvavidas, de iluminación da cuberta de intemperie. Telégrafos de máquinas, indicador do xiro do temón, sistemas de teléfonos, servicios xerais de alarmas, de altofalantes de emerxencia, sistemas manuais de alarma, de detección de incendios.

Equipos de extracción, procesado e elaboración.

-Procesos, métodos e procedementos:

Sistema de representación diédrico, normalización ISO, UNE. Inspeccións periódicas, sociedades clasificadoras. Normalización na redacción de informes técnicos. Redacción dun informe de avaría que comprenda: análise das causas, métodos de reparación e recomendacións para evitar que se reproduza. Cálculo da estabilidade. Cálculo de calados.

2.5.6. Unidade de competencia 6: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Organizar e controla-la seguridade no traballo, aplicando as medidas preventivas e normas legais establecidas.* O embarco e desembarco do persoal a bordo realizouse utilizando escalas e pranchas debidamente instaladas, seguindo normas e leis establecidas.
* As cubertas de traballo e os corredores foron debidamente iluminados, provistos de cabos de seguridade e varandas.
* A tripulación que traballa sobre cuberta foi advertida das manobras que puideran ocasionar cambios repentinos de rumbo ou embarque perigoso de olas.
* Realizáronse os traballos sobre cuberta sempre baixo a supervisión dun responsable de seguridade, establecéndose unha comunicación directa e segura entre este e a ponte de mando, previndo situacións de perigo (cuberta engraxada, refugallos de peixes sobre cuberta, estiba incorrecta dos aparellos) e utilizando medios protectores adecuados.
* O laboreo con cabos e arames realizouse utilizando medios protectores adecuados e os métodos e procedementos (código unificado de sinais, tensión de cabos e arames) que garanten a seguridade da tripulación.
* Durante as operacións de manipulación das máquinas observáronse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas) que fan un traballo seguro.
* Protexéronse e sinalizáronse os equipos eléctricos e instalacións de substancias perigosas segundo procedementos establecidos.
* Durante o traballo utilizáronse as roupas e calzados adecuados.
* Tódolos espacios dedicados á tripulación foron ben iluminados, asegurando a súa boa ventilación, calquera que sexa o estado do tempo.

6.2.Planificar e dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de loita contra os incendios.* Os materiais, combustibles e inflamables, almacenáronse e estibáronse tendo en conta os riscos de incendio que a súa natureza implica e as medidas de seguridade establecidas.
* As principais fontes de ignición causantes dos incendios en instalacións, servicios e acomodacións foron controladas.
* O sistema de detección de incendios foi conectado e comprobouse o seu correcto funcionamento.
* O sistema monitorizado de detección e extinción automático de incendios por aspersión de auga, foi conectado e comprobouse o seu correcto funcionamento.
* As instalacións fixas e equipos portátiles de extinción foron revisadas, asegurando a correcta disposición para o seu uso inmediato.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse correctamente a sinalización e organización para a loita contra os incendios e adestrouse a tripulación para afrontar calquera continxencia.
* Realizouse eficazmente a extinción simulada de pequenos incendios, utilizando os extintores portátiles adecuados.
* A extinción simulada de incendios extensos producidos por hidrocarburos u outros axentes combustibles ou inflamables realizouse eficazmente, utilizando aspersores, dispositivos móbiles para lanzar espuma ou productos químicos en po.
* A extinción simulada de incendios en espacios pechados e cheos de fume realizouse eficazmente, utilizando auga nebulizada ou calquera axente extintor apropiado con axuda dun equipo de respiración.
* Realizouse eficazmente a operación de salvamento nun espacio pechado e cheo de fume utilizando un equipo de respiración.

6.3.Dirixi-las operacións de emerxencia, abandono do buque, supervivencia no mar, busca e rescate.* O cadro orgánico deseñouse segundo as peculiaridades do buque e as normas internacionais que deben observarse para a súa elaboración (SOLAS III, emenda 83, regras 6, 53).
* Os exercicios e chamadas periódicas realizáronse no tempo e a forma, regulados por normas nacionais e internacionais, informados e adestrados correctamente os tripulantes.
* Os equipos individuais e colectivos de salvamento foron correctamente sinalizados e revisados seguindo o programa planificado de mantemento establecido pola norma internacional (SOLAS III, emenda 83, Reg. 52). Fixéronse as anotacións pertinentes no Libro Rexistro.
* Os equipos individuais de protección para a supervivencia (chalecos, traxes de mergullo) utilizáronse correctamente en tódalas circunstancias e situacións.
* Realizouse axeitadamente en calquera circunstancia e situación posta a flotación das embarcacións de supervivencia, o embarque nelas e a manobra.
* O adrizado da embarcación volteada realizouse correctamente en calquera circunstancia de mar e vento.
* O abandono do buque realizouse previndo os efectos do mergullo no mar, utilizando as técnicas e procedementos axeitados, segundo as circunstancias.
* A supervivencia a bordo de balsas e botes organizouse tendo en conta aspectos psicolóxicos, meteorolóxicos (exposición á intemperie, hipotermia) e circunstanciais (peixes perigosos, lume, aceite).
* Utilizáronse axeitadamente os dispositivos radioeléctricos e equipos cos que se poden producir sinais de socorro, tanto a bordo como desde as embarcacións de supervivencia.
* As manobras de recollida de náufragos, agrupamento de embarcacións de supervivencia, así como as accións necesarias nas operacións de busca e rescate, executáronse correctamente.

6.4.Dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de anegamento de compartimentos do buque.* Realizouse o apontoamento de tabiques e taponamentos de vías de auga no tempo e a forma adecuados.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse o achique dos espacios inundados utilizando os medios e sistemas adecuados.

6.5.Coordinar e aplicar medidas urxentes de asistencia sanitaria a enfermos e accidentados.* A caixa de urxencias do buque foi revisada, posta ó día e alistada para o seu uso inmediato, identificándose os medicamentos e o material de cura.
* Colocouse o accidentado inconsciente en posición correcta e aplicouse a reanimación cardiorrespiratoria en caso de necesidade.
* Tratouse a hemorraxia interna/externa do accidentado aplicando as medidas sanitarias establecidas.
* As queimaduras causadas por corrente eléctrica, efecto da calor ou frío foron recoñecidas e aplicáronse as medidas indicadas segundo os casos.
* Realizouse a inmobilización completa do accidentado para o seu traslado en caso de sospeita de posibles lesións da columna vertebral.
* As fracturas, luxacións e lesións musculares foron recoñecidas aplicándose as medidas de inmobilización necesarias.
* Os náufragos recibiron atencións sanitarias, especialmente nos casos de hipotermia, conxelación, deshidratación e asfixia por inmersión.
* Obtívose o asesoramento médico por radio utilizando os métodos e procedementos establecidos e, cando proceda, en inglés.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Medios de seguridade no traballo: equipos de protección persoal e colectiva (guindolas, cintos, roupa, calzado, lentes, luvas, cascos). Caixas de urxencias.

Medios de detección e extinción de incendios: equipo automático de detección de incendios e extinción con esparexedores de auga. Equipo automático de detección de incendios: sistema monitorizado de detección, alarmas, detectores de fume, calor. Instalacións fixas de extinción de incendios con gases inertes: sistemas de extinción con CO. Sistema de extinción con Halón. Sistema de peche automático de portas e portelos. Bomba contra incendios de emerxencia. Rede de colectores de auga, bocas contra incendios. Instalacións fixas de extinción: espuma mecánica, po químico. Equipos portátiles de extinción: extintores portátiles de po, espuma química, espuma mecánica, gas inerte, mangas, lanzas, conexións, machetas. Equipos de respiración: autónomos, manuais. Traxe de bombeiro.

Medios de salvamento: (SOLAS, emenda 83, capítulo III).

Chalecos salvavidas ríxidos e inchables, aros salvavidas, traxes de mergullo intrinsecamente illante, non intrinsecamente illantes, axudas térmicas. Balsas salvavidas inchables, ríxidas, dispositivos de desprendemento hidrostático para balsas salvavidas. Balsas salvavidas arriables. Dispositivos de posta en flotación para balsas salvavidas e botes de rescate. Botes de rescate. Botes salvavidas parcialmente

pechados, botes salvavidas parcialmente pechados autoadrizables. Botes salvavidas totalmente pechados. Dispositivos de posta en flotación e de embarque. Equipos das embarcacións de supervivencia. Radiobaliza de localización, respondedor de radar, sinais pirotécnicos de socorro, heliógrafo. Equipos bidireccionais de comunicacións. Estacións radioeléctricas portátiles de socorro.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Código de seguridade para pescadores, parte A. Código de regulamentación laboral española. Guía médica. Materiais inflamables e combustibles, clasificación dos incendios, química do lume, construcción e disposición dos tabiques e cubertas do buque. Manual MERSAR. Manual IMOSAR. Plan Nacional de Salvamento Marítimo. Vocabulario marítimo OMI. Libro rexistro de inspeccións (SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52). Rexistro médico.

-Procesos. Métodos e procedementos:

Manipulación de pesos suspendidos utilizando o código unificado de sinais, sinalización de perigos (precaucións e prohibicións). Cadro de obrigas e consignas para caso de emerxencia (SOLAS III, emenda 83, Reg. 8,53).

Exercicios e chamadas periódicas, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 18.

Programa planificado de mantemento, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52.

Instruccións sobre mantemento e inspección, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 19.

Métodos de control e extinción de incendios, procedemento de carga e revisión de extintores portátiles. Organización da loita contra incendios. Salto á auga con chalecos salvavidas.

Técnica de natación con equipo de protección térmica para a supervivencia no mar.

Mantemento a flote sen chalecos salvavidas. Remolque dun accidentado no mar.

Supervivencia en caso de hidrocarburos inflamados. Interpretación de sinais de salvamento.

Comunicacións no lugar do sinistro. Asesoramento médico por radio. Técnicas de asistencia sanitaria de urxencia a enfermos e accidentados: técnicas de inmobilización e transporte, reanimación cardiorrespiratoria, técnicas de contención de hemorraxias, técnicas de tratamento de feridas, queimaduras, conxelacións e intoxicacións. Técnicas de administración de medicación, técnicas de exploración, técnicas de toma de constantes vitais. Medidas hixiénicas xerais e específicas. Métodos de desinfección e esterilización. Esterilizacións e desinfeccións. Vendaxes.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura.

* O aumento das dimensións das empresas favorecerá a competitividade. Producirase tamén un aumento da participación de empresas na estructura empresarial nacional, que lle permitirá operar con maior facilidade.

* As aplicacións informáticas seguirán incorporándose ás diversas fases dos procesos de producción. Incrementarase o uso de programas informáticos na planificación e coordinación de tarefas, o que permitirá ter en conta o desenvolvemento do proceso no seu conxunto.

* Introducción de novos sistemas de construcción naval, automatización, tripulacións reducidas ante a presión de novos criterios de competitividade.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención por maiores esixencias na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

* A evolución tecnolóxica esixirá a demanda de operadores técnicos con capacidade de afrontar tarefas multidisciplinares que tradicionalmente son realizadas por varias persoas con equipos clásicos.

* Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novas técnicas e equipos.

2.6.3. Cambios na formación:

Debido á fusión de empresas de cara ós mercados internacionais, orixinarase a unificación de operadores de distintos países e deberá coñece-la utilidade dos distintos medios de producción e ter unha visión global da seguridade no medio productivo e un coñecemento da súa normativa e documentación específica.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

O técnico en dirección e xestión das instalacións e servicios de máquinas exercerá a súa actividade laboral fundamentalmente en:

* Sector marítimo:

-Mantemento de instalacións dotadas de alto grao de automatización (plantas propulsivas, plantas de xeración e utilización de enerxía eléctrica, hidráulica, pneumática) e xestión técnica.

-Dentro do subsector pesqueiro en calquera tipo de modalidade extractiva.

-En industrias transformadoras de productos alimenticios.

-Noutros sectores productivos nos que existan instalacións de transformación, producción e conservación.

-En industrias navais dedicadas á construcción, reparación e mantemento de buques.

* Sector industrial:

-Mantemento de instalacións dedicadas a procesos de fabricación no sector do metal, electricidade, petroquímica e alimentación.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional localízase fundamentalmente nas funcións de dirección e xestión en tarefas de conducción e mantemento de plantas dotadas de máquinas e motores térmicos, plantas xeradoras de electricidade, plantas de conservación en frío e plantas de climatización e atmosfera controlada.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abarcan o eido da mecánica industrial e naval: propulsión, xeración eléctrica e servicios.

2.7.3. Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional no perfil do título:

* Pode formar parte da tripulación como xefe de máquinas ou como oficial encargado da garda (dentro das limitacións sinaladas nas capacidades profesionais).

* Así mesmo, pode colaborar co armador en tarefas de inspección de empresas pesqueiras.

* En empresas do sector industrial que dispoñan de liñas automatizadas dedicadas á fabricación, montaxe ou ensamblaxe, envasado, seleccionado e/ou empaquetado de productos ou substancias, poden asumir tódalas tarefas de mantemento e reparación.

En resumo:

-Xefe de máquinas.

-Inspector de empresas pesqueiras.

-Xefe de mantemento.

-Inspector de empresas de reparación de motores e máquinas.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Comprender e/ou aplica-la terminoloxía ás técnicas e métodos necesarios para a planificación da xestión, conducción e mantemento da planta productora.

* Aplica-las técnicas, métodos, instrumentos e formación necesarios para a conducción e mantemento das instalacións e equipos auxiliares.

* Comprender e aplicar métodos para o control e axuste dos equipos e instalacións de elaboración, procesado e conservación da pesca.

* Aplica-las técnicas e métodos necesarios para a conducción e manexo certeiro dos equipos de extracción, carga e descarga, manobra, fondo e equipos de goberno.

* Analiza-los procesos de reparación de avarías, efectuando diagnoses e propondo solucións.

* Analizar plans de seguridade, comprobando a utilización de medios materiais e humanos para axustalos á planificación prevista.

* Analiza-los efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctas e protección axeitada.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poidan presentar neles.

* Utilizar e buscar canles de información relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector do transporte e da explotación de recursos mariños e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación interna e externa.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, manexar documentación técnica imprescindible na formación e adestramento dos profesionais ó seu cargo.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: sistemas de propulsión e servicios do buque:

Asociado á unidade de competencia 1: supervisar e controla-lo funcionamento da planta propulsora, motores auxiliares e servicios.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la secuencia, temporalización e parámetros dun proceso de posta en marcha dunha planta propulsora diésel, describindo cada un dos elementos que a compoñen.

* Realiza-las operacións de posta en marcha dunha planta propulsora diésel, aplicando as normas de mantemento en equipo real, a escala ou simulación.

* Verifica-los valores dos parámetros de funcionamento da planta propulsora diésel en equipo real, a escala ou en simulación, contrastando os valores obtidos.

* Explica-la secuencia, temporalización e parámetros dun proceso de parada dunha planta propulsora diésel, describindo cada un dos elementos.

* Realiza-las operacións de parada dunha planta propulsora diésel nun equipo real, a escala ou en simulación, aplicando as normas recollidas nos manuais de instruccións.

* Describi-las operacións que se levarán a cabo nunha planta propulsora, tendo en conta a información obtida do libro de instruccións.

* Realiza-las operacións de regulación do sistema propulsor para unhas condicións de funcionamento predefinidas.

* Avalia-las condicións de funcionamento segundo a información dispoñible, identificando índice de tendencias.

* Relacionar e avalia-las anomalías de funcionamento do sistema propulsor, cos sistemas automáticos de alarma e de emerxencia.

* Describi-lo proceso de funcionamento de equipos e sistemas auxiliares (auga doce e sanitarios, achique de sentinas, planta separadora de augas oleaxinosas, aire comprimido, planta potabilizadora, xerador de vapor e sistema de goberno) sobre unha instalación básica de a bordo, describindo cada un dos elementos que o compoñen e as pautas que se van seguir.

* Relaciona-las operacións de mantemento coas necesidades dos equipos e sistemas auxiliares (auga doce e sanitarios, achique de sentinas, planta separadora de augas oleaxinosas, aire comprimido, planta potabilizadora, xeradores de vapor e sistema de goberno), describindo os métodos de detección de avarías.

* Relaciona-las operacións de mantemento coas necesidades dos equipos e sistemas nunha instalación, describindo os métodos de diagnose de avarías.

Contidos (duración 190 horas)

Contidos procedementais

Motores térmicos:

* Ciclos de traballo dos motores: diagramas teórico e real. Comparación dos diferentes sistemas de traballo.

* Sistema de alimentación de combustible. Descrición xeral:

-Carburación. Carburadores.

-Inxección gasolina. Tipos.

-Inxección diésel. Inxección en cámara fraccionada.

-Inxectores. Tipos.

Elementos do motor. Conducción e mantemento:

* Regulación do motor.

* Control da comprensión.

* Regulación do sistema de distribución.

* Regulación de bombas de combustible.

* Interpretación de diagramas.

* Control de vibracións e amortecedores.

* Control de varrido.

* Control de reductores mecánicos e de aceite.

* Control de chumaceiras.

* Control de selado de bucina.

* Control de políns.

* Control de liñas de eixes.

* Control de instalacións.

* Diagnose de fallos: avarías máis frecuentes. Corrección.

* Probas do motor:

-Probas de recepción.

-Datos obtidos nas probas. Análise.

Servicios auxiliares: descrición e funcionamento:

* Sistema de refrixeración de auga doce do motor principal.

* Sistema de refrixeración de pistóns e inxectores.

* Sistema de refrixeración de auga salgada.

* Sistema de lubricación do motor principal.

* Sistema de alimentación de combustible de baixa presión.

* Caldeiras de porto e gases de escape.

* Servosistemas de control de paso de hélices de paso variable.

* Servosistemas de goberno.

* Sistemas depuradores de aceite, diésel e fuel.

* Sistema de sentinas.

* Sistema de lastre e contraincendios.

* Sistema de subministración de auga potable e sanitaria.

* Sistemas de tratamento de refugallos.

* Sistema de almacenamento e trasfega de combustible.

* Sistema de aire comprimido. Almacenamento, reducción e distribución.

Contidos conceptuais

Enerxía e potencia:

* Potencia útil.

* Potencia dunha máquina ó freo, indicada e teórica.

* Perda de enerxía. Rendementos.

* Par motor no eixe.

* Balance térmico.

Termodinámica e mecánica aplicada:

* Conceptos fundamentais de termodinámica:

-Volume e peso específico. Presión. Temperatura. Tipos de enerxía. Traballo. Ecuación xeral da enerxía. Traballo mecánico. Diagrama p-v. Calor. Entropía. Diagrama T-S. Calores específicas de gases perfectos e reais.

* Ciclo termodinámico: máquina de combustión interna. Descrición do ciclo.

-Rendemento térmico dos ciclos teóricos.

-Ciclo de Carnot. Transformacións. Análise.

* Ciclo dos gases. Descrición xeral.

-Ciclo Otto. Análise. Aplicacións.

-Ciclo diésel. Análise. Aplicacións.

-Ciclo mixto. Análise. Aplicacións.

* Mecánica dos motores alternativos.

-Transformación do movemento alterno en circular.

Combustibles e aceites:

* Combustibles gasosos e líquidos. Características e constitución. Viscosidade. Índice cetano e octano.

* Combustibles residuais: tratamento térmico.

-Aceites lubricantes: obtención.

-Características e clasificación. Aditivos.

* Lubricación fluída e límite.

Motores térmicos:

* Motores rotativos e alternativos.

* Motores de combustión interna. Principios de funcionamento e clasificación.

* Constitución dos motores de combustión interna. Elementos fixos e móbiles.

* Motores diésel e explosión de catro e dous tempos.

* Combustión. Estequiometría. Relación mestura. Potencia calorífica.

* Acendido de motores Otto. Descrición xeral, principios de funcionamento. Diferentes tipos. Orde de acendido.

* Sobrealimentación:

-Turbocompresores.

-Arrefriadores de aire.

-Filtros de aire.

Elementos constitutivos do sistema diésel propulsivo:

* Sistemas de arranque de motores. Descrición xeral. Diferentes tipos. Tipos de inversión da marcha dun motor de hélice de pas reversibles. Reguladores de velocidade e de carga.

Elementos auxiliares:

* Intercambiadores de calor: quentadores, arrefriadores e condensadores.

* Evaporadores e potabilizadores.

* Compresores de aire.

* Sistemas de manobra, amarre e movemento de cargas.

* Bombas alternativas e centrífugas.

* Filtros de fondo e filtros de succión de bombas.

Contidos actitudinais

Elementos do motor. Conducción e mantemento:

* Correcta interpretación e análise dos datos obtidos nas probas do motor.

Servicios auxiliares:

* Operar correctamente con:

-Servicio de sentinas.

-Servicio de lastre e contraincendios.

-Sistemas de tratamentos de refugallos.

-Servicio de almacenamento e trasfega de combustible.

-Servicio de aire comprimido. Almacenamento, reducción e distribución.

3.2.2. Módulo profesional 2: instalacións e equipos eléctricos do buque:

Asociado á unidade de competencia 2: supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións eléctricas asegurando a súa operatividade e seguridade.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las condicións de operación e os parámetros de servicio dos equipos eléctricos de potencia (xeradores e motores) do buque, definindo cada un dos elementos que o compoñen e a súa misión.

* Realiza-las operacións de posta en marcha dos equipos eléctricos de potencia (xeradores e motores) do buque, manipulando cada un dos elementos, sobre un equipo real, a escala ou de simulación.

* Realiza-las operacións de ensamblaxe dos equipos eléctricos de potencia (xeradores e motores) do buque, manipulando cada un dos elementos, sobre un equipo real, a escala ou de simulación.

* Verifica-los parámetros de posta en marcha dos equipos eléctricos de potencia (xeradores e motores) do buque, contrastando os datos obtidos cos manuais de instruccións, sobre un equipo real, a escala ou de simulación.

* Verifica-los parámetros de ensamblaxe dos equipos eléctricos de potencia (xeradores e motores) do buque, contrastando os datos obtidos cos manuais de instruccións, sobre un equipo real, a escala ou de simulación.

* Definir, a partir da documentación técnica da instalación primitiva, a modificación das instalacións eléctricas dun buque, elixindo o medio máis axeitado.

* Calcula-los parámetros e características dos elementos modificados para elabora-la nova documentación técnica.

* Montar instalacións eléctricas constituídas por elementos de mando, protección, control, potencia, navegación e emerxencia, comprobando e verificando o seu funcionamento.

* Describi-las diferentes accións de mantemento que hai que realizar nos equipos eléctricos dun buque (xeradores e motores), aplicando as instruccións recollidas nos manuais.

* Describi-las diferentes accións de mantemento que hai que realizar nos equipos eléctricos dun buque (manobra e control), aplicando as instruccións recollidas nos manuais.

* Describi-las diferentes accións de mantemento que hai que realizar nos equipos eléctricos dun buque (iluminación principal e de emerxencia), aplicando as instruccións recollidas nos manuais.

* Realiza-lo mantemento dos equipos eléctricos do buque (xeradores e motores), substituíndo os elementos avariados e seguindo as normas de seguridade aplicables en cada caso para garanti-lo seu normal funcionamento.

* Realiza-lo mantemento dos equipos eléctricos do buque (manobra e control), substituíndo os elementos avariados e seguindo as normas de seguridade aplicables en cada caso para garanti-lo seu normal funcionamento.

* Realiza-lo mantemento dos equipos eléctricos do buque (iluminación principal e de emerxencia), substituíndo os elementos avariados e seguindo as normas de seguridade aplicables en cada caso para garanti-lo seu normal funcionamento.

* Verificar, cos datos obtidos dos manuais de instruccións, o correcto ou incorrecto funcionamento da instalación eléctrica do buque (xeradores e motores).

* Verificar, cos datos obtidos dos manuais de instruccións, o correcto ou incorrecto funcionamento da instalación eléctrica do buque (manobra e control).

* Verificar, cos datos obtidos dos manuais de instruccións o correcto ou incorrecto funcionamento da instalación eléctrica do buque (iluminación principal e de emerxencia).

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Máquinas eléctricas:

* Manexo e ensamblaxe de xeradores.

* Demostración e cálculo dun pequeno transformador.

* Análise de ensaios de máquinas eléctricas.

Sistemas de alimentación:

* Descrición dos acumuladores e o seu mantemento.

Instalacións e equipos:

* Descrición de instalacións, equipos, compoñentes e subconxuntos e o seu funcionamento.

* Análise de información real de equipos.

* Identificación de equipos e instalación sobre plano e/ou manual.

Contidos conceptuais

Elementos de mando, protección e control:

* Simboloxía e normalización de compoñentes e instalacións eléctricas.

* Descrición dos interruptores e botóns.

-Tipos e características.

* Constitución e funcionamento dos elementos de manobra e control:

-Tipos de relés.

-Tipos de contactores.

-Tipos de temporizadores.

* Constitución e funcionamento dos elementos de protección:

-Fusibles.

-Interruptores magnetotérmicos.

-Disxuntores.

-Interruptores diferenciais.

* Sistemas de arrinque dos motores eléctricos.

* Normas para determina-lo calibre dos elementos de protección.

Máquinas eléctricas:

* Corrente alterna trifásica.

* Equilibrio de cargas.

* Xeradores eléctricos de corrente continua e de corrente alterna. Constitución e funcionamento.

* Transformadores. Tipos e constitución.

Sistemas de alimentación:

* Acumuladores. Tipos e características.

* Cargadores de baterías:

-Rectificación monofásica e trifásica en media onda e onda completa.

-Tipos e características dos díodos de potencia.

Electrónica:

* Principios básicos.

* Dispositivos máis comúns.

* Circuítos elementais.

Contidos actitudinais

Máquinas eléctricas:

* Análise e manexo da ensamblaxe de xeradores de corrente continua e de corrente alterna.

Sistemas de alimentación:

* Valoración da interpretación do protocolo de especificacións técnicas sobre seguridade e control de enerxía en tódalas fases do traballo.

* Respecto polas normas de seguridade en cada unha das fases das operacións levadas a cabo nos sistemas.

* Respecto pola conservación do ambiente, evitando vertidos que poidan dana-lo ecosistema.

3.2.3. Módulo profesional 3: sistemas automáticos e de regulación do buque:

Asociado á unidade de competencia 3: supervisar e controla-lo funcionamento das instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización.

Capacidades terminais elementais

* Describi-los compoñentes que interveñen nos servicios de mando pneumáticos que permitan o funcionamento do buque, explicando o seu funcionamento.

* Describi-los compoñentes que interveñen nos servicios de regulación e potencia pneumáticos que permitan o funcionamento do buque, explicando o seu funcionamento.

* Realizar operacións de mando pneumáticas, describindo as normas recollidas nos manuais de instruccións, en instalación real, a escala ou en simulación.

* Realizar operacións de regulación e potencia pneumáticas, describindo as normas recollidas nos manuais de instruccións, en instalación real, a escala ou en simulación.

* Verificar en equipo real, a escala ou en simulación, o correcto funcionamento dos elementos de mando pneumáticos, contrastando os datos obtidos cos recollidos nos manuais de instruccións.

* Verificar en equipo real, a escala ou en simulación, o correcto funcionamento dos elementos de regulación e potencia pneumáticos, contrastando os datos obtidos cos recollidos nos manuais de instruccións.

* Deseñar un plan de mantemento para os equipos pneumáticos e electropneumáticos en coordinación co plan xeral de mantemento do buque, organizando as normas de revisión periódicas.

* Realizar operacións de mantemento substitutivo en equipos pneumáticos e electropneumáticos cambiando os elementos previstos nos manuais de instruccións.

* Verifica-lo correcto ou incorrecto funcionamento dos equipos pneumáticos e electropneumáticos contrastando os datos cos recollidos nos manuais de funcionamento.

* Realizar en instalación real, a escala ou en simulación, operacións de mando hidráulico, describindo as normas recollidas nos manuais de instrucción.

* Realizar en instalación real, a escala ou en simulación, operacións de regulación e potencia, describindo as normas recollidas nos manuais de instrucción.

* Verificar en equipo real, a escala ou en simulación, o correcto funcionamento dos elementos de mando hidráulicos contrastando os datos obtidos cos recollidos nos manuais de instruccións.

* Verificar en equipo real, a escala ou en simulación, o correcto funcionamento dos elementos de regulación e potencia hidráulicos, contrastando os datos obtidos cos recollidos nos manuais de instrucción.

* Deseñar un plan de mantemento para os equipos hidráulicos e electrohidráulicos en coordinación co plan xeral de mantemento do buque, organizando as normas de revisión periódicas.

* Realizar en equipos hidráulicos e electrohidráulicos, operacións de carga e mantemento substitutivo.

* Verifica-lo correcto funcionamento dos equipos hidráulicos e electrohidráulicos, contrastando os datos.

* Analiza-los sistemas de regulación e control, recollendo as súas peculiaridades no ámbito da navegación para contrasta-lo seu correcto funcionamento.

* Describi-la arquitectura dun controlador lóxico programable (PLC), definindo a súa composición e funcionamento.

* Realiza-lo diagrama secuencial dun sistema automatizado do buque e efectuar unha transferencia ó PLC.

* Realiza-la montaxe dun proxecto de programación automático secuencial a varias tarefas asociadas, contrastando os datos.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Sistemas pneumohidráulicos:

* Comprobación da medida das magnitudes pneumohidráulicas.

* Manexo dos sistemas de representación.

* Deseño de sistemas e circuítos pneumohidráulicos:

-Arrinque para o motor de emerxencia. Avarías e mantemento.

-Control remoto para motor propulsor, embrague e inversor.

-Control para servomotor hidráulico. Avarías e mantemento.

-Sistema de hélice de paso variable.

* Execución da montaxe dun sistema automático e verificación del.

Sistemas de regulación e control:

* Aplicacións de sistemas de regulación e control.

Contidos conceptuais

Sistemas pneumohidráulicos:

* Conducción de fluídos. Caudal presión interior. Perdas. Técnicas de depuración e filtrado.

* Constitución e funcionamento dos xeradores de enerxía pneumática e de enerxía hidráulica.

* Bombas e compresores de aire.

* Constitución e funcionamento dos diferentes tipos de elementos:

-Potencia.

-Mando, regulación, protección e control.

* Aparellos e sistemas de medida:

-Tipos.

Sistemas de regulación e control:

* Teoría de sistemas:

-Funcións de transferencia.

-Resposta temporal.

-Resposta frecuencial.

-Estabilidade e compensación.

* Elementos que compoñen un sistema de control:

-Transductores.

-Placa de control.

-Elementos de potencia.

-Tiristores. Tipos e características.

Sistemas automáticos:

* Lóxica aplicada e lóxica programable.

* Función e postos lóxicos.

* Circuítos combinables e secuenciais.

* Función lóxica universal:

-Unidade central de proceso.

-Unidade de memoria.

-Unidade de entrada e saída.

* Estructura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.

* Misión dos automatismos nas instalacións dos buques.

* Captadores e transductores:

-Tipos e características.

-Criterios de selección.

* Controladores lóxicos programables (PLC):

-Tipos e arquitectura.

-Periféricos asociados a un PLC.

-Programación de PLC.

Contidos actitudinais

Sistemas de regulación e control:

* Valoración da correcta aplicación dos sistemas de regulación e control.

Sistemas automáticos:

* Valoración da correcta aplicación dos controladores lóxicos programables.

* Especial atención ó coidado da hixiene e a orde, tanto no posto de traballo como a nivel persoal.

3.2.4. Módulo profesional 4: instalacións e procesos de extracción, preparación e conservación da pesca:

Asociado á unidade de competencia 4: supervisar e controla-las instalacións e equipos frigoríficos, de extracción, elaboración e procesado.

Capacidades terminais elementais

*Describi-las condicións e valores das variables indicadoras dun funcionamento óptimo da posta en marcha da instalación de frío, definindo cada un dos elementos e a súa misión.

* Describi-las condicións e valores das variables indicadoras dun funcionamento óptimo da instalación, definindo cada un dos elementos e a súa misión.

* Describi-las condicións e valores das variables indicadoras dun funcionamento óptimo da parada dunha instalación, definindo cada un dos elementos e a súa misión.

* Executa-las etapas de proceso de posta en marcha da planta, en normal e automática, sobre equipo real, a escala ou en simulación.

* Executa-las etapas de proceso de conducción da planta, en normal e automática, sobre equipo real, a escala ou en simulación.

* Executa-las etapas de proceso de parada da planta, en normal e automática, sobre equipo real, a escala ou en simulación.

* Verifica-la instrumentación do proceso para garantir un correcto funcionamento.

* Verifica-los valores das variables significativas do proceso, contrastando os datos obtidos para garantir un correcto funcionamento.

* Analizar en planta real, a escala ou en simulación, aplicando as instruccións dos manuais, o mantemento das instalacións frigoríficas para aplica-la operación máis apropiada en cada caso.

* Realizar, en planta real, a escala ou en simulación, o mantemento das instalacións frigoríficas, aplicando as instruccións dos manuais en función da información apropiada en cada caso.

* Describi-los equipos de elaboración, identificando os elementos que os compoñen e as tecnoloxías presentes, para permitir un correcto uso e funcionamento.

* Describi-los equipos de procesado, identificando os elementos que os compoñen e as tecnoloxías presentes, para permitir un correcto uso e funcionamento.

* Realiza-lo mantemento dos equipos de elaboración, verificando as condicións de funcionamento e os sistemas de seguridade, cambiando os elementos previstos.

* Realiza-lo mantemento dos equipos de procesado, verificando as condicións de funcionamento e os sistemas de seguridade, cambiando os elementos previstos.

* Analiza-lo funcionamento dos equipos de captura en función da información axeitada en cada caso.

* Relaciona-las avarías dos equipos de captura máis comúns coas súas posibles causas e determina-lo seu mantemento, substituíndo os elementos avariados e seguindo, en todo momento, as normas de seguridade aplicables en cada caso.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Evaporadores:

* Desxeo do evaporador.

Control e regulación:

* Manexo de válvulas de expansión.

* Manexo de válvulas de expansión automáticas. Tipos.

* Manexo de controis. Termóstatos, preóstatos, válvulas solenoide e de paso de auga.

* Regulación das instalacións.

Cálculo de instalacións:

* Carga total de refrixeración.

* Perdas de calor.

* Arrefriado por frigoríficos.

-Conxelación. Conservación de productos conxelados.

* Conservación. Particularidades dos productos máis correntes.

Montaxe e reparacións:

* Montaxe dunha instalación. Precaucións.

* Operacións de proba e posta en marcha.

* Posta en marcha e regulación.

* Localización e reparación de avarías.

* Operacións de mantemento.

Contidos conceptuais

Teoría da refrixeración:

* Ciclo de refrixeración. Estudio termodinámico.

* Refrixeración por compresión e por absorción.

* Circuíto frigorífico. Bomba de calor.

* Compoñentes dunha instalación.

Compresores:

* Compresores frigoríficos. Tipos.

* Compoñentes e operacións dos compresores.

* Estudio da compresión. Rendemento dun compresor.

* Capacidade dun compresor. Regulación da capacidade.

Condensadores:

* Condensadores. Características.

* Tipos de condensadores.

* Rendemento do condensador. Circunstancias que lle afectan.

* Depósitos de líquido.

* Separadores de aceite.

Evaporadores:

* Estudio da fase de evaporación.

* Tipos de evaporadores.

* Baños de salmoira.

* Humidade e circulación de aire.

Acondicionamento de aire:

* Principios xerais. Psicometría.

* Instalacións típicas de a bordo.

* Particularidades dos equipos acondicionadores de aire.

Equipos de elaboración e procesado:

* Parque de pesca. Características.

* Bandas transportadoras.

* Equipos de procesado. Características de visceradoras e descabezadoras, fileteadoras e lavadoras.

Equipos de extracción:

* Equipos utilizados nos diferentes tipos de buques e pesca.

* Maquiniñas de arrastre. Características.

* Tipos de maquiniñas.

* Accionamentos eléctrico e hidráulico.

* Haladores.

* Guindastres.

Contidos actitudinais

Montaxe e reparacións:

* Toma de precaucións na montaxe dunha instalación.

* Orde na secuencia das operacións de proba e posta en marcha.

* Orde na secuencia das operacións de posta en marcha e regulación.

* Atención na localización e reparación de avarías.

* Orde e coidado nas operacións de mantemento.

3.2.5. Módulo profesional 5: planificación e xestión das instalacións:

Asociado á unidade de competencia 5: organiza-lo mantemento e reparación de elementos e equipos en flotación e en seco.

Capacidades terminais elementais

* Identificar, sobre planos de disposición xeral, as instalacións integradas do buque e recoñece-los diferentes elementos que compoñen o sistema de control para a súa localización, avaliación e reparación.

* Elabora-lo plan de xestión de stocks a partir da información técnica dun buque e dos manuais dos seus equipos, organizando as operacións de revisión periódica.

* Realiza-las fichas técnicas de mantemento a partir da información técnica dun buque e dos manuais dos seus equipos, organizando as operacións de revisión periódicas.

* Elaborar un plan programado de mantemento preventivo para os equipos do buque, tendo en conta os requisitos esixidos pola Inspección de Buques, para asegurar un bo funcionamento en todo momento.

* Elabora-lo plan de rexistros histórico-técnicos dos equipos e sistemas do buque, tendo en conta os requisitos esixidos pola Inspección de Buques, e asegurar unha boa información recorrente que prevexa o bo funcionamento de todos eles.

* Describir-lo procedemento que se debe seguir na elaboración dun plan programado de mantemento.

* Describi-la influencia da dinámica de consumo sobre a estabilidade do buque explicando o procedemento que se debe seguir para acada-lo grao de estabilidade axeitado.

* Realizar cálculos de estabilidade estática, utilizando o caderno de estabilidade para contrasta-la seguridade.

* Verifica-la estabilidade do buque nas diferentes situacións, contrastando os datos obtidos en cada unha delas, para asegurar un comportamento correcto do buque en todo momento.

* Elabora-lo plan de viaxe tendo en conta os consumibles previstos, estados de carga e calados para garantir unha navegación segura en todo momento.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Estabilidade do buque:

* Cálculo da estabilidade estática transversal. Momento do par de estabilidade.

Normalización industrial aplicada:

* Aplicación normalizada, a un caso concreto, do bosquexado, utilizando os seguintes conceptos da formación profesional de base (preparación de bos

quexos, elección de vistas, sistemas de representación normalizados, acotación de bosquexos, lectura de cotas).

* Deseño de cortes e roturas de maneira correcta, utilizando os seguintes conceptos da formación profesional de base (elección de cortes, seccións e roturas normalizadas, levantamento de planos, desenvolvementos, engrenaxes e poleas).

Contidos conceptuais

Xeometría do buque e estabilidade:

* Planos de formas. Seccións do buque mediante os planos principais.

* Dimensións principais. Nomenclatura das partes do casco.

* Elementos de consolidación. Materiais empregados.

* Sistemas de construcción naval (transversal, lonxitudinal e mixto).

* Efectos producidos na estabilidade e calados por carga, descarga e traslado de pesos contidos no buque.

* Carenas líquidas. Os seus efectos na estabilidade.

Mantemento:

* O mantemento na industria.

* Conceptos sobre avarías e estabilidade.

* Comportamento dos elementos. Fallos prematuros, azarosos e por avellentamento.

* Clasificación das técnicas de mantemento.

* Pintado. Normalización.

Normalización industrial aplicada:

* Normas UNE, DIN, ISO.

* Simboloxía industrial aplicada.

Sistemas de mantemento programado:

* Compoñentes do sistema de mantemento preventivo.

* Lista de equipos e a súa codificación.

* Instruccións de mantemento. Fichas de mantemento.

* Sistemas de control de respectos.

Planificación de mantemento preventivo:

* Programa de mantemento.

-Metodoloxía e criterios.

-Operacións de mantemento.

-Periodicidade de execución.

-Inspeccións e sociedades clasificadoras.

* Traballos en dique.

* Asignación de cargas de traballo.

* Taboleiro ou programa de planificación.

Seguimento e control do mantemento preventivo:

* Rexistro de traballos.

* Valoración económica.

* Servicios integrados do buque.

* Procedemento informático de mantemento.

Sociedades de clasificación de inspección de buques:

* Xeneralidades.

* Sistemas de inspección e certificación.

* Inspección continua.

Control de calidade:

* Recepción de equipos a bordo.

* Reparacións en tubos.

* Reparacións no casco.

* Reparacións na maquinaria.

Contidos actitudinais

* Correcta elaboración dun proxecto de método para a instalación.

* Correcta elaboración dun proxecto de xestión para a instalación.

3.2.6. Módulo profesional 6: seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar:

Asociado á unidade de competencia 6: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los espacios físicos e as aptitudes das persoas para que se dean condicións esixidas na realización do traballo seguro.

* Analiza-las condicións hixiénico-sanitarias que se deben dar para a consecución dunha vida saudable a bordo.

* Analiza-los exercicios e reunións de seguridade que se deben ter en conta para o deseño do plan de emerxencia do buque.

* Valora-la gravidade de accidentes e enfermidades a partir dos datos das constantes vitais e da observación dos seus signos e síntomas.

* Determina-las accións de cura e evacuación en función da valoración da gravidade da persoa accidentada ou enferma, a guía sanitaria e as indicacións médicas recibidas a través do servicio radio-médico.

* Aplica-las técnicas de reanimación cardiorrespiratoria e de inmobilización e transporte de persoas feridas ou enfermas, en función de protocolos de primeiros auxilios establecidos.

* Aplica-las técnicas para o tratamento de feridas, hemorraxias, queimaduras, hipotermia, deshidratación, fracturas, escordaduras, lesións musculares e intoxicacións en función dos protocolos establecidos

* Establecer, en simulación, consultas radiomédicas.

* Describi-las zonas principais, tabiques, cuberta e zonas verticais do buque, en relación coa súa integridade ó lume.

* Relaciona-lo tipo de incendio e o espacio físico no que se produce co axente extintor e equipo que se vaia empregar para producir unha extinción eficaz.

* Manter operativos os equipos portátiles e realiza-la extinción de pequenos incendios, en situacións controladas, coa destreza e aptitude que as normas establecen.

* Operar e mante-los equipos fixos de protección e extinción de incendios.

* Utiliza-los equipos individuais de salvamento coa destreza e aptitude que as normas establecen.

* Manexa-los dispositivos de posta en flotación e embarque das embarcacións de supervivencia e bote de rescate, coa destreza e aptitude que favoreza unha manobra segura.

* Manexa-las embarcacións de supervivencia e rescate coa destreza e aptitude que permitan unha manobra segura.

* Emitir unha mensaxe de socorro empregando os medios que as circunstancias aconsellen, coa destreza e aptitude que a norma establece.

* Establece-lo plan de mantemento, segundo a dispoñibilidade operacional, mantemento e inspección a bordo e en terra, dos dispositivos de salvamento, cumprindo o establecido na regra 19 e 52, capítulo II, emenda 83, SOLAS 74.

* Analiza-lo proceso de actuación en caso de inundación de compartimentos, relacionando os medios dispoñibles coas características da inundación.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Seguridade e hixiene no traballo:

* Manipulación e análise comparativa da regulamentación nacional e internacional en materia de seguridade no traballo.

* Detección e clasificación dos riscos en equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e amarres, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

* Comprobación da sinalización.

* Identificación e manexo do(s) equipo(s) de protección persoal e colectiva.

Primeiros auxilios:

* Valoración xeral da persoa accidentada segundo o seu aspecto, postura e estado de consciencia.

* Aplicación das técnicas de inmobilización, traslado e evacuación, así como dos procedementos de

reanimación e aplicación dos primeiros auxilios nas persoas accidentadas.

* Observación e recollida de signos e síntomas e a súa situación no cuestionario básico:

-Toma de constantes vitais: pulso, respiración, tensión arterial e temperatura.

* Manexo do equipo para a consulta radio-médica:

-Transmisión dos datos recollidos no cuestionario básico.

-Anotación das indicacións recibidas.

-Descrición das patoloxías máis frecuentes.

* Análise das enfermidades de declaración obrigatoria e corentenables:

-Aplicación das técnicas de illamento.

* Mantemento de caixas de urxencias:

-Verificación das existencias dos medicamentos e material aconsellable de curas da caixa de urxencias.

-Identificación dos medicamentos segundo as súas distintas formas de administración.

-Preparación e administración dos distintos tipos de medicamentos.

-Prevención das complicacións na administración de medicamentos.

-Realización das técnicas e intervencións recollidas na guía sanitaria de a bordo.

Loita contra incendios:

* Identificación e manexo das instalacións e equipos de detección de incendios.

* Accionado do equipo de extinción de incendios:

-Instalacións fixas.

-Equipos portátiles.

-Identificación e utilización do equipo individual de bombeiro.

-Realización de inspeccións e organización da loita contra incendios:

-Construcción e disposición.

-Organización da loita contra incendios.

-Métodos de loita contra incendios.

Salvamento, busca e rescate:

* Análise comparativa da normativa nacional e internacional específica:

-Cadro de obrigas e consignas.

-Exercicios de adestramento.

-Determinación e localización dos dispositivos de salvamento.

* Manexo dos equipos radioeléctricos de socorro:

-Radio portátil de emerxencia.

-Radiobalizas. Respondedor de radar.

* Prescrición e identificación de sinais luminosos.

* Manexo das embarcacións de supervivencia e equipos:

-Ríxidas.

-Inchables.

* Manipulación dos equipos para a posta en flotación de embarcacións de supervivencia.

* Organización da busca e do salvamento:

-Organización IMOSAR (Manual OMI de Busca e Rescate).

* Selección das técnicas de busca:

-Organización MERSAR (Manual de Busca e Rescate).

* Técnicas de supervivencia e procedementos de rescate:

-A bordo dunha embarcación de supervivencia.

-No caso de incendios e hidrocarburos na auga.

Inundacións:

* Aplicación das técnicas de compartimentación.

* Contención de vías de auga. Apontoamento e taponamento.

* Identificación dos conductos principais, directos e de emerxencia para o achicamento das sentinas e dos locais que drenan.

* Manexo dos equipos portátiles de achicamento.

Contidos conceptuais

Primeiros auxilios:

* Bases anatómico-fisiolóxicas. Descrición anatómica e fisiolóxica dos distintos aparellos, sistemas e órganos.

* Valoración xeral do paciente. Normas de actuación e técnicas para utilizar.

* Feridas. Concepto, tipos e tratamento.

* Escordaduras e fracturas. Concepto, causas, tipos e tratamento.

* Queimaduras e conxelacións. Concepto, causas, valoración da gravidade segundo extensión, profundidade e localización, complicacións e tratamento.

* Asfixia e parada cardíaca. Causas, manifestacións e tratamento (reanimación cardiorrespiratoria).

Loita contra incendios:

* Teoría do lume:

-Fontes de ignición.

-Reacción e resistencia dos materiais ó lume.

-Riscos de incendio e propagación do lume:

-Principais causas de incendios.

-Reactivación.

* Axentes extintores:

-Auga.

-Escuma de alta, media e baixa expansión.

-Dióxido de carbono.

-Hidrocarburo haloxenado.

-Po químico.

-Escuma formadora de película acuosa (AFFF).

* Normativa de aplicación.

Inundacións:

* A compartimentación.

* Os sistemas automáticos de peche.

* A contención de vías de auga.

* Os equipos portátiles de bombeo.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola importancia da observación das normas e do regulamento para evitar riscos no manexo de equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e arames, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

* Respecto pola saúde, o ambiente e as condicións de traballo.

* Autoestima para loitar pola propia vida en condicións desfavorables.

* Toma de decisións sobre as actuacións que se deben realizar en caso de emerxencia.

* Secuencia e ordenación das accións para desenvolver en caso de emerxencia, busca e rescate e abandono do buque.

* Secuencia, orde e coordinación na aplicación das actuacións destinadas a resolve-las distintas situacións de urxencia no mar.

* Conciencia do propio deber e das repercusións que do seu incumprimento se poidan derivar.

* Prioridade na aplicación dos primeiros auxilios atendendo ó grao de gravidade, segundo a guía sanitaria e as indicacións do servicio radio médico.

* Aplica-las normas de limpeza e hixiene, tanto na actuación co paciente como no material empregado.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 7: técnicas auxiliares de mantemento industrial:

Capacidades terminais elementais

* Realizar operacións de unión de pezas de aceiro ó carbono con cordóns de soldadura eléctrica en horizontal, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Realiza-las operacións de unión de pezas de aceiro ó carbono con cordóns de soldadura eléctrica en vertical, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Realizar operacións de unión de pezas de aceiro ó carbono con cordóns de soldadura MIG e TIG en horizontal, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Realizar operacións de unión de pezas de aceiro ó carbono con cordóns de soldadura MIG e TIG en vertical, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Soldar correctamente pezas de aceiro, latón e cobre en posición vertical con soporte oxiacetilénico, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Soldar correctamente pezas de aceiro, latón e cobre en posición horizontal con soporte oxiacetilénico, observando as normas de seguridade e hixiene.

* Cortar con soprete pezas de aceiro ó carbono, aplicando o método axeitado.

* Mecanizar un compoñente sinxelo a partir dun bosquexo/plano, utilizando torno e aplicando os coñecementos explicados previamente das máquinas, para obte-la destreza necesaria.

* Mecanizar un compoñente sinxelo a partir dun bosquexo/plano, utilizando tradeadora e aplicando os coñecementos explicados previamente das máquinas, para obte-la destreza necesaria.

* Mecanizar un compoñente sinxelo a partir dun bosquexo/plano, utilizando limadora e aplicando os coñecementos explicados previamente das máquinas, para obte-la destreza necesaria.

* Realiza-lo reacondicionamento de pezas e elementos de conxuntos mecánicos coas medidas e axustes indicados, a partir de bosquexos/planos/esquemas, aplicando os métodos axeitados para cada unha das operacións.

* Realiza-lo trazado de pezas de caldeirería, para a súa reparación/reconstrucción a partir dun bosquexo, plano ou esquema.

* Realiza-lo desenvolvemento de pezas de caldeirería, para a súa reparación/reconstrucción a partir dun bosquexo, plano ou esquema.

* Realiza-la construcción de pezas de caldeirería, para a súa reparación/reconstrucción a partir dun bosquexo, plano ou esquema.

* Realiza-lo trazado de tubos para a súa reparación/reconstrucción a partir dun bosquexo ou plano.

* Realiza-lo desenvolvemento e guiado de tubos para a súa reparación/reconstrucción a partir dun bosquexo ou plano.

Contidos (duración 190 horas)

Contidos procedementais

Soldadura:

* Procedemento de soldadura por arco eléctrico manual: semiautomático, automático e robotizado.

* Técnicas operatorias. Parámetros, intensidade de corrente, avance, número de cordóns, preparación de bordos. Métodos de execución, posición horizontal e vertical. Suxeición das pezas para unir.

* Procedementos de soldadura: de aceiro e de fundicións con chama oxiacetilénica.

* Control das unións soldadas. Ensaios.

* Técnicas operatorias.

* Dilatacións e contraccións no oxicorte. Principais defectos do oxicorte.

-Corte de materiais.

-Materiais: metálicos e plásticos. Composición química, tratamentos térmicos e ensaios.

Metroloxía:

* Medidas de lonxitude. Calibres micrométricos. Medidas de ángulos (transportador por goniómetro).

* Medidas por comparación. Calas. Comparador reloxo.

* Procedementos de medida.

* Verificación. Instrumentos de verificación máis comúns.

Mecanizado con maquinarias-ferramenta:

* Conformación de metais con ferramentas manuais.

* Torno paralelo. Descrición e prestacións. Realización de operacións básicas.

* Tradeadora, limadora. Descrición e prestacións. Realización de operacións básicas. Suxeición de pezas. Brocas, tipos e xeometría.

* Ferramentas de corte. Xeometría e materiais. Normas de mantemento e uso.

* Montaxe de pezas e ferramentas para o seu mecanizado.

Mantemento industrial:

* Planificación do mantemento. Codificación de equipos.

* Instruccións e fichas de traballo.

* Xestión de respectos. Control.

* Reparacións: estructural, do casco, adegas, cuberta, cámara de máquinas.

Caldeirería e tubos:

* Trazado e desenvolvemento de pezas.

* Construcción de elementos de caldeirería, curvas, reduccións e depósitos.

* Guiado para preparación de tubos.

* Materiais. Tratamentos térmicos e ensaios mecánicos (contidos non específicos de soldadura, senón máis ben dunha tecnoloxía xeral).

Contidos conceptuais

Soldadura:

* Proceso de soldadura. Características que os definen. Diferentes procedementos.

* Equipo de soldar. Compoñentes, características e electrodos.

* Defectos de soldadura.

* Equipo de soldar. Compoñentes. Características e fundamentos.

* Dilatacións e contraccións no oxicorte. Principais defectos do oxicorte.

* Corrosión do aceiro, bronce e latón. A súa prevención a bordo.

* Vibracións. Causas e prevención na maquinaria.

Mecanizado con máquinas-ferramenta

* Fresadora. Descrición e prestacións.

Mantemento industrial:

* Mantemento, necesidade e obxectivos. Opcións básicas de mantemento.

* Tipos de mantemento e características que o definen. Mantemento preventivo, correctivo e predictivo.

* Comportamento dos elementos, máquinas e equipos. Avarías e tipos de avaría.

* Técnicas de mantemento. Factores que as condicionan.

Contidos actitudinais

Soldadura:

* Avaliación dos riscos. Uso de equipos de protección e normas de seguridade.

Metroloxía:

* Verificación. Uso dos instrumentos de verificación máis comúns.

Mecanizado con máquinas-ferramenta:

* Correcta aplicación das normas de seguridade e hixiene no torno e tradeadora e outras máquinas ferramentas.

Mantemento industrial:

* Coidadosa e correcta planificación do mantemento. Codificación de equipos. Instruccións e fichas de traballo.

3.3.2. Módulo profesional 8: lingua estranxeira (inglés):

Capacidades terminais elementais

* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Transferir dun código escrito a un oral, e viceversa, a información que se debe comunicar en lingua estranxeira.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Aplica-las estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais esixidos á normativa e o protocolo de cada país, relacionados coas operacións do contorno profesional.

* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

* Selecciona-la lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.

* Redactar na lingua propia unha traducción que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Resolver de forma autónoma os problemas de comprensión e de expresión relacionados cos contidos lingüísticos e comunicativos do contorno profesional.

* Respecta-las actitudes e comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ó que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións internacionais.

* Valora-la importancia da lingua como vehículo de comunicación e entendida no ámbito das relacións comerciais internacionais, da tecnoloxía, da cultura e do coñecemento.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral:

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:

-Selección e baldeirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* A negociación na lingua estranxeira.

-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.

-Intercambio de opinións.

-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Peche e acordos.

Comunicación escrita:

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais:

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral:

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticos no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos.

Comunicación escrita:

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional, fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais:

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral:

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.

Comunicación escrita:

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

Aspectos socioprofesionais:

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.3. Módulo profesional 9: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Producción de documentos.

* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflictos:

* Identificación da existencia dun conflicto.

* Análise das causas do conflicto.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación:

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipula-los datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflictos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflictos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores motivacionais.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflictos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

Negociación:

* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración 710 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realiza-las prácticas de seguridade segundo as especificacións da compañía, códigos e regulamentos (en tódalas situacións que durante a FCT se poidan dar).* Toma de precaucións para a prevención de accidentes no traballo:-Roupa de protección.-Proteccións de cabeza.-Cabos e cintos de seguridade.

* Toma de precaucións para a prevención de accidentes durante o embarque ou desembarque de tripulantes e pasaxeiros.

* Toma de precaucións para a entrada en espacios pechados:
-Calibración e uso dun medidor de osíxeno.
-Análise e uso do indicador de gases combustibles.
* Asistencia na manobra de comprobación do goberno de emerxencia.
* Asistencia nas prácticas de seguridade de:
-Pesqueiros.
-Bulk carriers.
-Graneleiros.
-Mercadorías perigosas.
-Cubertadas de madeira.

2.Realiza-las operacións de preparación, posta en flotación, embarque e manobra nas embarcacións de supervivencia.* Preparación, arriamento e separación do costado do buque dun bote salvavidas.

* Preparación, arriamento e separación do costado do buque e izamento a bordo do bote de rescate.

* Tripulación do bote con remos, con motor e con vela (se se dispón dela).

3.Realiza-las operacións de mantemento das embarcacións de supervivencia e dos seus equipos e sistemas de posta en flotación.* Comprobación do equipo das embarcacións de supervivencia e bote de rescate.

* Arrinque e manobra co motor do bote salvavidas.

* Comprobación da estiba e dos dispositivos de posta en flotación das embarcacións de supervivencia e botes de rescate.
* Gornecemento da antena e comprobación da operatividade da estación portátil do bote salvavidas.

4.Localizar e comproba-los equipos individuais de salvamento e de socorro do buque.*Comprobación da baliza de localización.

* Comprobación do equipo pirotécnico da ponte de navegación.

* Comprobación do respondedor de radar.
* Comprobación do dispositivo de posta en flotación e sinais dos aros salvavidas de home á auga.
* Comprobación dos aros salvavidas.
* Comprobación dos chalecos salvavidas.
* Comprobación dos traxes de inmersión.
* Comprobación das axudas térmicas.
* Comprobación do equipo lanzacabos.

5.Realiza-las operacións de mantemento dos equipos portátiles de extinción.* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores portátiles de escuma química.
* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de escuma.
* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de po seco.
* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de CO.
* Asistencia no mantemento e comprobación do equipo de respiración autónomo.
* Asistencia na comprobación e mantemento do equipo de bombeiro.
* Asistencia no mantemento e comprobación das estacións de extinción.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

6.Realiza-las operacións de mantemento e comprobación dos equipos fixos de extinción de incendios.* Operacións coa bomba de emerxencia:-Arrinque.-Comprobación do bo funcionamento.
-Parada.
-Preparación para a posta en marcha.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema automático de grosores.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por escuma.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por CO.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por hidrocarburos haloxenados.

7.Realiza-las operacións de control e mantemento dos sistemas de seguridade do buque.* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de detección de incendios.
* Asistencia no mantemento e comprobación do sistema de alarma xeral e contra incendios.
* Bosquexo do diagrama do sistema eléctrico de emerxencia.
* Arrinque do xerador eléctrico de emerxencia.
* Participación nos exercicios de loita contra incendios do buque.

8.Realiza-las operacións de control, planificación e dirección das emerxencias e abandonos do buque, a súa tripulación e pasaxeiros.* Asistencia na posta ó día e comprobación do plan de emerxencia do buque.

* Participación nos exercicios de abandono do buque.

* Participación nos exercicios de loita contra incendios.

9.Recoñece-las bombas e sistemas.* Busca e bosquexo de sistema do servicio de:
-Sentinas.
-Lastre.
-Contra incendios.
-Auga doce.
-Vapor.
-Drenaxes.
-Aire comprimido.
-Forza hidráulica.

10.Recoñece-los tanques da sala de máquinas e espacios incluídos.* Enumeración de tódolos tanques da sala de máquinas.
* Descrición da disposición das sondas, ventilación dos tanques e rebordos.
* Localización das válvulas de pechado rápido.
* Localización dos mandos de control remoto.

11.Realiza-las operacións de bombeo e achicamento de sentinas.* Achique de tódalas sentinas asegurándose de que tódalas regulacións antipolución son respectadas.
* Comprobación da disposición do sistema de bombeo en caso de emerxencia.
* Enchido e baldeirado dos tanques de lastre.
* Operacións co separador de augas de sentinas e monitorización da descarga ó mar.

12.Realizar operacións de trasfega de combustible.* Bosqueixo das liñas de combustible.
* Pasaxe de combustible dos tanques almacén ós tanques de servicio, observando a seguridade, estabilidade do buque e medidas de antipolución.
* Drenaxe da auga e lodos dos tanques de decantación.
* Operacións cos tanques de almacén.
* Arrinque e operacións das bombas centrífugas.
* Cumprimento de tódolos requirimentos antipolución.
* Apertura de equipos de trasfega e depuradoras, limpeza das partes e montaxe.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

13.Realizar operacións de toma de combustible.* Toma de combustible observando tódalas precaucións e requirimentos relativos á seguridade, dispersión e prevención da polución.
* Toma de mostras e comprobación de lodos e auga no combustible tomado.

14.Realizar operacións de mantemento do motor principal diésel.* Realización do mantemento e inspección rutineira do regulador, comprobando e axustando os respiros cando sexa necesario.
* Realización do mantemento e inspección rutineira da carena e asentos, comprobando e axustando os respiros cando sexa necesario.
* Realización do mantemento e inspección rutineira do eixo de cola, comprobando e axustando os respiros cando sexa necesario.
* Realización do mantemento e inspección rutineira do turbo soprante, comprobando e axustando os respiros cando sexa necesario.

15.Descrición dos sistemas auxiliares da máquina principal.* Realización do bosquexo dunha sección do motor, amosando os elementos principais.
* Realización dun bosquexo do sistema de subministro do combustible.
* Realización dun bosquexo do sistema de lubricación.
* Realización dun bosquexo do sistema de lubricación do turbo.
* Realización dun bosquexo dos elementos de refrixeración do pistón.
* Realización dun bosquexo do sistema de refrixeración da camisa.
* Realización dun bosquexo do sistema de subministración de arrinque.
* Realización dun bosquexo das exhaustacións de gases do motor.

16.Arrincar e prepara-la máquina principal e servicios para a saída ó mar.* Comprobación da operatividade de:
-Reguladores.
-Control.
-Alarmas.
-Válvulas de sobreimpresión do cráter.
-Detector de vaporizador no cráter.
* Aseguramento de que tódolos mecanismos, ferramentas e repostos estean debidamente estibados e asegurados.
* Comunicación co oficial encargado de garda na ponte de navegación respecto á dispoñibilidade da máquina e dos servicios que van ser solicitados.
* Operación co control da máquina principal durante o período de manobra. Resposta ás instruccións recibidas da ponte de navegación.
* Axuste da máquina e os controis para o funcionamento sen interrupcións.
* Rexistro de presións, temperaturas e circulación de fluídos do funcionamento da máquina.
* Axuste e informe das condicións anormais de funcionamento. Realización do seu rexistro.
* Cambio de control local/manual da maquinaria e dos seus sistemas a control remoto, e viceversa.

17.Realiza-las operacións rutineiras da máquina principal.* Realización dos test rutineiros en:
-Auga de refrixeración da máquina.
-Aceite de lubrificación.
-Combustible.
-Toma de diagramas indicadores de potencia.
-Estimación da potencia rexistrada nos diagramas.
-Aseguramento de que as drenaxes dos escapes traballan correctamente.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

18.Realiza-las operacións de mantemento do cráter e cegoñal do motor principal.* Operación co xirador, tomando e rexistrando tódalas precaucións de seguridade.
* Realización dunha inspección do cegoñal e redacción dun informe.
* Toma de reflexións do cegoñal.

19Realizar operacións de mantemento do sistema de arrinque e combustión do motor principal.* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e xogos, desmontaxe e test dos inxectores.
* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e xogos, desmontaxe e test das válvulas de arrinque por aire.
* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e xogos, desmontaxe e test das válvulas de alivio.
* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e xogos, desmontaxe e test das válvulas de escape.
* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e xogos, desmontaxe e test das bombas de fuel.
* Comprobación do forrado das canalizacións do fuel a alta presión.

20.Realiza-las operacións de mantemento dos pistóns, cilindros e chumaceiras do motor principal.* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos da culata e válvulas cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos das chumaceiras de bancada cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos da chumaceira da biela cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos dos pistóns e aros, cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando xogos de crucetas, cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos dos porlóns de unión, cando sexa necesario.
* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando os xogos dos porlóns de suxeición e calzos cando sexa necesario.

21.Realiza-las operacións de mantemento de escapes e canalización de gases de exhaustación do motor principal.* Inspección de tronco de escapes e espacios de gases, informando de:-Limpeza.-Desaugadoiros.-Válvulas.
* Informe sobre o tipo de sistema de escape.
* Comprobación de que os tubos de escape están illados e protexidos.

22.Describi-la disposición e arranxo da caldeira auxiliar.* Bosquexado nun diagrama da caldeira auxiliar, indicando:
-Camiño do aire, gas e aire quente.
-O economizador.
-A circulación de auga.
-O espacio do vapor.
-Disposición dos queimadores.
-Os tubos.

23.Operar coa caldeira auxiliar (economizador).* Alimentación da caldeira e levantamento do vapor.
* Posta da caldeira en servicio.
* Realización de comprobacións rutineiras, indicadores de nivel.
* Comprobación de que as seguridades de vapor e drenaxes funcionen correctamente.
* Pechamento das cintas de vapor observando o procedemento correcto.
* Realización das operacións rutineiras de comprobación e mantemento dos queimadores.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

24.Realizar operacións rutineiras no sistema de aire comprimido.* Preparación do compresor para a súa posta en marcha.
* Arrinque e operación co compresor para recarga-las botellas de almacenamento.
* Parada do compresor.
* Identifica-las válvulas de presión, drenaxes, liñas e reservas.
* Cambio do compresor principal ó de reserva cando se traballa en función do aire automático.
* Comprobación de que as drenaxes automáticas funcionan correctamente.
* Comprobación de que os instrumentos para a calidade do aire se manteñen.
* Comprobación e mantemento de:
-Limpeza do aire.
-Filtros.
-Drenaxes.
* Mantementos rutineiros do sistema de compresión de aire.

25.Realizar operacións de control e mantemento do sistema de goberno do buque.* Identificación física dos seus elementos e explicación das súas funcións.
* Realización de diferentes formas de aplicación posibles.
* Comprobación de cada un dos sistemas.
-Sistemas eléctricos de mando.
-Sistemas eléctricos de arranque.
-Presión de bombas.
-Circuito hidráulico principal.
-Circuito hidráulico de emerxencia.
-Niveis de aceite.
* Realización de operacións rutineiras de:
-Recheo de tanques de compresión.

26.Realizar operacións rutineiras dos servicios domésticos.* Posta en marcha e operación do equipo de producción de auga.
* Posta en marcha e operación do evaporador.
* Aplicación do test de pureza e potabilidade da auga.
* Comprobación do sistema de seguridade de presión do tanque.
* Comprobación do correcto funcionamento e axuste, se for necesario, de:
-Sistema de descarga ó mar.
-Incineradora.

27.Realizar operacións de mantemento dos equipos de cuberta e sistema de posta en flotación das embarcacións de supervivencia.* Realización do mantemento de rutina do molinete.

* Realización do mantemento de rutina das máquinas de carga.

* Realización do mantemento de rutina dos guindastres de carga.
* Realización do mantemento de rutina dos cabrestantes de manobra.
* Realización do mantemento de rutina dos sistemas de posta en flotación das embarcacións de supervivencia.
* Realización do mantemento de rutina das tapas de adega.

28.Realizar operacións de mantemento da maquinaria auxiliar.* Desmontaxe, segundo as necesidades de servicio o permitan, da maquinaria auxiliar:
-Inspección e comprobación de desgastes e deterioracións.
-Reparación ou cambio de elementos.
-Montaxe e comprobación do funcionamento.

29.Realizar operacións rutineiras de garda de mar na máquina.* Recepción da garda de navegación segundo o protocolo que a empresa teña establecido.
* Entrega da garda de navegación segundo o protocolo que a empresa teña establecido.
-Realización das tarefas rutineiras de garda de navegación, comprobando o correcto funcionamento de tódolos controis automáticos (monitorizados).

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Observación e anotación das condicións de funcionamento da maquinaria.
* Axuste de mecanismos segundo as necesidades.
* Rexistro das incidencias no diario de máquinas.
* Rexistro dos movementos da máquina no caderno de manobra.
* Comunicación con claridade co oficial encargado da garda de navegación.

30.Operar co xerador de forza eléctrica.* Preparación para arrincar.

* Arrinque do xerador de forza eléctrica e axuste da velocidade e a liña.

* Comprobación de que os controis funcionen correctamente.
* Desaxuste e parada da liña.

31.Operar co cadro de distribución eléctrica.* Bosquexo do diagrama do sistema de distribución eléctrica, dende a saída do xerador ata a entrada, usando:
-Circuíto de bloqueo.
-Transformadores.
-Fusibles.
-Voltaxes subministradas.
-Conexión á terra.
-Conexións cadro de emerxencia.
* Illar e para-lo equipamento eléctrico, aplicando medidas de seguridade.

32.Realizar operacións rutineiras de mantemento dos sistemas eléctricos.* Comprobación da operación de caída do mecanismo (protección contra incendios).
* Realización de operacións rutineiras de mantemento en circuíto de rotura, asegurándose de que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento no sistema de caída, asegurándose de que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento en arrinque de motores, asegurándose de que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento de motores, asegurándose de que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento en xeradores, asegurándose de que o circuíto estea illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento nas luces, asegurándose de que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento en baterías, asegurándose de que o circuíto estea illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.
* Realización de operacións rutineiras de mantemento en sistemas de alarma, asegurándose de que o circuíto estra illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

33.Realizar operacións de manexo dos sistemas de control.* Identifición física dos seus elementos e explicación das súas funcións.
* Realización dos diferentes modos de aplicación posibles.
* Realización de axustes dos valores de consigna.
* Calibraxe de instrumentos de control.* Realización de variacións de traballo nos sistemas.
* Realización de procesos de automático a manual.
* Anotación das operacións realizadas no diario.
* Cumprimento das normas de seguridade establecidas.

34.Realizar operacións de manexo e mantemento nas instalacións frigoríficas e de almacenaxe de fluídos.* Realización dun esquema en diagrama de bloques da instalación, identificando os seus elementos.
* Identificación dos recipientes de líquido frigoxénico.
* Realización correcta dos procesos de posta en marcha e parada da instalación.
* Rexistro dos parámetros de funcionamento e comparación cos establecidos, diagnosticando o seu bo ou defectuoso funcionamento.
* Realización de comprobacións de:
-Parada por baixa presión de aceite.
-Parada por baixa presión.
-Parada por nivel de líquido.
-Parada por alta presión.
* Realización de:
-Carga de refrixerante.
-Carga e extracción de aceite.
-Cambio e limpeza de filtros.
-Cambio de válvulas.
-Calibraxe e cambio de fusibles, térmicos e outros elementos de protección da instalación.
-Probas de presión da instalación.
-Detección de fugas.
* Realización do estibado e trincado dos recipientes de líquido.
* Verificación das datas de proba de presión dos recipientes.
* Verificación do estado dos manómetros e válvula dos recipientes.
* Cumprimento das normas de seguridade establecidas.

35.Realizar operacións de manexo e mantemento nos equipos de extracción e procesado.* Esbozo dos diferentes compoñentes da instalación, identificándoos.
* Rexistro das anomalías observadas no equipo.
* Realización das operacións de marcha e parada, manual e auto do equipo ou sistema.
* Comprobación do funcionamento dos sistemas de alarma e seguridade.
* Comparación dos valores de consigna cos de sinal, actuando segundo os manuais de instruccións.
* Realización de operacións de control sobre os diferentes tipos de accionamento.
* Realización de operacións de tensado de cintas de transporte.
* Realización doo afiado dos coitelos das cortadoras.
* Realización de pequenas operacións de mantemento e conservación de:
-Cintas transportadoras.
-Descabezadoras.
-Fileteadoras.
-Bañadoras.
-Peladoras.
-Evisceradoras.
* Cumprimento das normas de seguridade.

36.Elaborar e desenvolver un programa de xestión do mantemento.* Emprega-la información técnica de a bordo (inventarios, libros de mantemento, fichas de traballo, medios informatizados...) para xestiona-las fases de mantemento dos equipos:

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

-Dada de baixa ós elementos utilizados.
-Realización de pedidos de repostos con especificacións claras e completas.
-Rexistro dos pedidos en inventarios ou medios de xestión de repostos.
-Realización dun seguimento das ordes de pedido.
-Verificación das condicións de almacenamento de repostos.

37.Comportarse de forma responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico sociais da empresa.* Realización do relevo, obtendo toda a información posible do antecesor e transmitindo a información relevante derivada da súa permanencia no posto de traballo.
* Interpretación e realización con dilixencia das instruccións que recibe, así como responsabilidade no traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.
* En todo momento, demostración dunha actitude de respecto ós procedementos e normas da empresa.
* Análise das repercusións da súa actividade no sistema productivo e no centro de traballo.
* Cumprimento cos requirimentos e as normas da empresa, demostrando un bo facer profesional, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e finalizando o traballo nun tempo límite razoable.
* Mante-la súa área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio laboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición:

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da Natureza e da Saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Electrotecnia.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de Supervisión e Control de Máquinas e Instalacións do Buque:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Sistemas de propulsión e servicios do buqueMáquinas, servicios e producciónProfesor técnico de FP

2Instalacións e equipos eléctricos do buqueMáquinas, servicios e producción

Instalcións electrotécnicas

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

3Sistamas automáticos e de regulación do buqueMáquinas, servicios e producción

Instalacións electrotécnicas

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

4Instalacións e procesos de extracción, preparación e conservación da pescaMáquinas, servicios e producción

Instalación en mantemento de equipos térmicos e de fluídos

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

5Planificación e xestión das instalaciónsNavegación e instalacións mariñasProfesor de ensino secundario

6Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no marNavegación e instalacións mariñasProfesor de ensino secundario

7Técnicas auxiliares de mantemento industrialMáquinas, servicios e producciónProfesor técnico de FP

8Lingua estranxeira (inglés)InglésProfesor de ensino secundario

9Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Navegación e instalacións mariñas-Diplomado en máquinas navais-Diplomado en navegación marítima-Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico naval, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de supervisión e control de máquinas e instalacións do buque require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de máquinas240 m180 m30%

Taller de electricidade-electrónica120 m90 m25%

Taller de seguridade e supervivencia120 m90 m15%

Aula polivalente60 m 40 m30%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Sistemas de propulsión e servicios do buque.

* Instalacións e equipos eléctricos do buque.

* Planificación e xestión das instalacións.

* Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Sistemas de propulsión e servicios do buque.

* Instalacións e equipos eléctricos do buque.

* Sistemas automáticos e de regulación do buque.

* Instalacións e procesos de extracción, preparación e conservación da pesca.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en máquinas navais.

* Diplomado en navegación marítima.

* Diplomado en radioelectrónica naval.

* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de telecomunicación (tódalas especialidades).

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

190Sistemas de propulsión e servicios do buque

130Instalacións e equipos eléctricos do buque

130Sistemas automáticos e de regulación do buque

130Instalacións e procesos de extracción, preparación e conservación da pesca

190Técnicas auxiliares de mantemento industrial

130Lingua estranxeira (inglés)

4º, 5º e 6º trimestre

110Planificación e xestión de instalacións

110Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

710Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 60, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.