En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicadora:
A) Organismo: Concello de Ourense.
B) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.
C) Número de expediente: referencia 1217.
2. Obxecto do contrato:
A) Tipo de contrato: de obra.
B) Descrición do obxecto: recuperación da ribeira do Miño ó seu paso por Reza (Paseo das Ninfas).
C) Lote: único.
D) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 16 de marzo de
1999 e Diario Oficial de Galicia do 24 de marzo de 1999.
3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:
A) Tramitación: urxente.
B) Procedemento: aberto.
C) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 45.331.221 ptas.
5. Adxudicación:
A) Data: 20 de maio de 1999.
B) Contratista: Eulen, S.A.
C) Importe de adxudicación: 38.458.640 ptas.
Ourense, 26 de maio de 1999.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde