Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de saneamento dos núcleos de Requeixo, Seoane e Cachasúas-Fondo da Costa.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: referencia 1182.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto de saneamento dos núcleos de Requeixo, Seoane e Cachasúas - Fondo da Costa.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 120 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitacion: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 25.457.018 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 509.140 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 1.018.281 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incur

sos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6, do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de maio de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde