1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: As99/61.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: vehículos furgóns. b) Número de unidades que hai que entregar: dous. c) División por lotes e número: non. d)Lugar de entrega: véxase punto 1. e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a un mes a partir da data de adxudicación.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 8.000.000 de ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de dous vehículos furgóns con destino á Policía Municipal».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 10 de xuño de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado