Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de material para os cursos de pintura de edificios, solador-alicatador, albanelería, xardinería, carpintería e carpintería de mobles de cociña no Centro de Formación Municipal (As99/60).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: As99/60.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: material para os cursos no Centro de Formación Municipal. b) División por lotes e número: si. 6. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: a subministración dos materiais efectuaranse dentro dos 10 días seguintes a adxudicación.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: véxase epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de material para os cursos de pintura de edificios, solador-alicatador, albandería, xardinería, carpintería e carpintería de mobles de cociña no Centro de Formación Municipal».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado