Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.468

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministracións.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en celebrar acordos marcos de subministracións, non exclusivos, de material sanitario funxible, para as súas unidades de medicina nuclear e cardioloxía intervencionista, sitas no Hospital do Meixoeiro (Vigo).

SubministraciónNº expediente

Material medicina nuclearCTRL/012/99

Material cardioloxía intervencionistaCTRL/013/99

Material depósito cardioloxía

intervencionistaCTRL/014/99

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6B Área Central-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Tfno.: 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.