Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO-REQUIRIMENTO do 10 de maio de 1999, da Dependencia de Recadación da Delegación das Palmas, de comparecencia para notificación.

Luis Sierra López-Belmonte, xefe da Dependencia Rexional de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Delegación das Palmas, fai saber:

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada polo artigo 28 da Lei 66/1997,

do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e encontrándose pendente de notificar actuacións administrativas do procedemento recadatorio de constrinximento, que se tramitan tras dous intentos, por causas non imputables á Adminsitración, ós suxeitos pasivos, obrigados tributarios, representantes que a seguir se citan:

Nº xustificante-concepto DNI/CIF Apelidos e nome/entidade

C1100098360012080-Prov. constrinximento 45.554.118-L Alonso Lamberti Barber M.

C1100098540188472-Prov. constrinximento 36.034.688-J Montoro Rivas Roberto

Son citados mediante o presente anuncio para que comparezan en por si ou por medio de representante legal debidamente autorizado, na Unidade de Recadación Executiva da Delegación da AEAT das Pal

mas, con domicilio na praza dos Dereitos Humanos, 1-4ª planta, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres, para seren notificados, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó desta publicación.

Cando, transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Las Palmas de Gran Canaria, 10 de maio de 1999.

Luis Sierra López-Belmonte

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

da AEAT de Las Palmas