Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión realizada o día 11 de xuño do ano que andamos, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do Plan Parcial do Monte do Con, promovido por José L. Álvarez Souto, en representación da promotora do Monte do Con.

O que se fai público para que no termo de 20 días, se formulen alegacións ó amparo do disposto no artigo 102, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Moaña, 16 de xuño de 1999.

Xabier Abalo Costa

Alcalde, en funcións