Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para a contratación dos servicios de desratización e desinsectación para os distintos centros deste complexo hospitalario (plurianual) (C.P. 121/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88,

do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: contratación dos servicios de desratización e desinsectación para os distintos centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

Orzamento: 3.300.000 ptas., (19.833,40 euros).

Garantía provisional: 66.000 ptas., (396,67 euros).

Lote 1: contratación dos servicios de desratización e desinsectación para os distintos centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Orzamento: 3.300.000 ptas., (19.833,40 euros).

Garantía provisional: 66.000 ptas., (396,67 euros).

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

2. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: os licitadores presentarán unha única oferta para o servicio, con estricta suxeición ás especificacións contidas neste prego de cláusulas administrativas particulares; no anexo I: prescripcións técnicas, e na guía do Plan DDD, cos seus anexos e rexistros, na parte desta que é aplicable á presente contratación.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: por orde decrecente de importancia e coa ponderación que merece cada un dos puntos considerados, para a valoración das proposicións recibidas e a conseguinte resolución de adxudicación do contrato, empregaranse os seguintes criterios:

1. Sistema de actuación proposto, describindo: os productos que se van empregar, as súas características e a súa distribución; a planificación dos horarios e as actuacións; o persoal empregado, etc.; así como a posibilidade engadida dun compromiso expreso da empresa que garanta plenamente os resultados dos servicios realizados -e incluíndo para o efecto tódalas actuacións extraordinarias que se podan requirir en cada caso-: ata 4 puntos.

2. Formas e frecuencias de actuación nas diferentes áreas dos centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, tendo en conta as zonas de maior risco de proliferación de pragas e a súa orixe; capacidade de resposta das empresas ós avisos por urxencias en situacións extraordinarias; servicio de asesoramento; inspeccións e procedementos de control establecidos sobre o grao de calidade dos servicios prestados: ata 4 puntos.

3. Prezo ofertado para o servicio: ata 2 puntos.

6. Documentos de interese para os licitdores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser

solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de xuño de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña