Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da obra de ampliación da residencia para persoas maiores de Laraxe (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais, Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación da residencia para persoas maiores de Laraxe

b) Lugar de execución: Laraxe, Cabanas (A Coruña).

c) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: once millóns oitocentas trinta e cinco mil duascentas noventa e oito pesetas (11.835.298 ptas.; 71.131,57 euros).

5. Garantías.

Provisional: duascentas trinta e seis mil setecentas cinco pesetas (236.705 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais, Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 56 77.

6.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 03 02.

Domicilio: r/ Rosalía de Castro 58, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate de presentaión de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais