Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 99/4-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: Avda. do Cruceiro da Coruña 201-A, Santiago de Compostela.

Título: parque eólico Monte Castelo.

Concellos afectados: Lalín e Vila de Cruces.

Superficie afectada: 737,5 hectáreas.

Coordenadas U.T.M. (x, y):

V1 (568500, 4733500); V2 (569000, 4733500); V3 (571000, 4732000); V4 (568000, 4729500); V5 (568000, 4731500); V6 (567000, 4732000).

Potencia que se vai instalar: 24,42 mW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na rúa Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 22 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra