Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Outeiro-Acevedo.
Situación: Chandrexa de Queixa.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV de 644 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. de Outeiro e remate no C.T. tipo intemperie con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Outeiro. R.B.T., aérea do C.T. de Outeiro de 1.370 m en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 1 de xuño de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense