Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: desvío liñas eléctricas por novo acceso á autovía en Allariz.
Situación: Allariz.
Descricións técnicas: desvío ó novo acceso á autovía en Allariz desvíase a L.M.T. Outeiro de Orraca-Turzás desde o apoio 12 ó 11 en conductor LA-56 e 40 m de lonxitude e desde o apoio 11 en conductor LA-56 e 64 m de lonxitude ata o C.T. proxectado aéreo con 75 kVA, R/T 20.000/380-220 V no Mato. Saída de R.B.T., subterránea de 220 m.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 1 de xuño de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense