Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 1294/1997, do 6 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo

número 4936/95, interposto por Francisco Martínez González, Manuel Barros Vilavedra, Carlos Telmo Torres, María Esther Lima Milla, María Esther González Pérez e María Elena Bouzada Reyes, contra desestimación presunta por silencio administrativo, dos recursos ordinarios formulados ante esta consellería o 15 de xullo e 17 de novembro de 1994, contra os acordos da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, do 7 de marzo e 22 de setembro de 1994, aprobatorias da modificación puntual das NN.SS.MM. reordenación do cuarteirón entre as rúas 3 e 5 do concello de Sanxenxo, dictouse a sentencia 1294/1997, do 6 de novembro, pola que se estimaba o dito recurso, que foi declarada firme por auto do Tribunal Supremo do 19 de febreiro deste ano.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia número 11294/1997, do 13 de novembro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco Martínez González, Manuel Barros Vilavedra, Carlos Telmo Torres, María Esther Lima Milla, María Esther González Pérez e María Elena Bouzada Reyes contra desestimación presunta por silencio administrativo, dos recursos ordinarios formulados ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 15 de xullo e o 17 de novembro de 1994 contra os acordos da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 7 de marzo e do 22 de setembro de 1994, que aproban a modificación puntual das NN.SS.MM. reordenación do cuarteirón entre as rúas 3 e 5 concello de Sanxenxo e declarámo-la nulidade de tales actos como contrarios ó ordenamento xurídico, sen facer imposición de custas».

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda