Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/32-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Manuel Carabelos Estévez.

Enderezo social: José Antonio 15, 36780 A Guarda.

Denominación: L.M.T. e C.T. Panascos-Figueiró.

Situación: Tomiño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 259 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. que alimenta o matadoiro frigorífico baixo Miño, propiedade de Unión Fenosa, ata o C.T. que se proxecta en Panascos-Figueiró, concello de Tomiño. C.T. de 50 KVA, relación de transformación 20 KV-398/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 25 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra