Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 125/1998, seguido a Juan Carlos García Santirso.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

A partir do día seguinte á publicación desta resolución, en virtude do disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón do prazo dun mes para interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Visto o expediente número E.S. 125/1998, seguido a Juan Carlos García Santirso con domicilio na rúa Barcelona nº 121, local 19, en A Coruña e con número de rexistro C-0261, categoría EG II, como responsable de dúas infraccións administrativas leves do Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo (Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro (BOE do 9 de outubro), e anexo B da orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 17-12-1985.

Antecedentes de feito

Primeiro.-Que, mediante diversas denuncias, se puxeron en coñecemento desta delegación os seguintes feitos:

«A empresa instaladora de gas con razón social de Juan Carlos García Santirso, autorizada na cate

goría EG II e inscrita no rexistro desta delegación co número C-0261, actuando baixo a denominación de Revigas (como se infire do feito de que o número de inscrición no rexistro industrial anunciado na folla publicitaria é o mesmo que o consignado na autorización da citada empresa e de que a non coincidencia do número C-0281 en lugar de C.0261, pode deberse a un erro mecanográfico), realizou revisións periódicas de instalacións de gas utilizando persoal que, ademais de non estar dado de alta na Seguridade Social na citada empresa, non ten a condición de instalador autorizado (puntos 1, 2.1.3, 8.3 e 9.5 da instrucción sobre instaladores autorizados de gas a empresas instaladoras, aprobada pola orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 17 de decembro de 1985 -en diante, a instrucción-, e por conseguinte, sen expedi-las certificacións acreditativas das revisións efectuadas (artigo 22 do Regulamento de actividade de distribución de gases licuados do petróleo, aprobado polo Real

decreto 1085/1992, do 11 de setembro, -no sucesivo, o regulamento- e punto 9.5 da instrucción).

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio determinou incoa-lo oportuno expediente sancionador, mediante Acordo do 15 de xuño de 1998, no que se contiña a identidade da autoridade competente para resolve-lo expediente e a do instructor do procedemento.

Terceiro.-Que o instructor do expediente, o 5-10-1998, notificou, a través do Diario Oficial de Galicia, os feitos imputados, as infraccións cometidas e as sancións que se é o caso podían recaer, con obxecto de que no prazo de quince días, ou en calquera momento anterior a dictarse proposta de resolución, puidera o infractor contestar á acusación, tomar audiencia e vista do expediente, propoñer probas e alegar canto en dereito considerase oportuno. Que o 19-4-1998 se notificou a través do Diario Oficial de Galicia a proposta de resolución.

Cuarto.-Dentro do prazo establecido non se presentou escrito de descargos e alegacións.

Quinto.-A citada empresa instaladora non cumpre na actualidade coas condicións básicas que deron lugar á súa inscrición (se é que as cumpriu no seu momento, xa que, ó parecer, o local do que presuntamente dispoñía -o número 19 do edificio situado na rúa Barcelona, 121 da Coruña- non existe) ó non dispoñer, polo menos, dun instalador autorizado na categoría IG II no seu cadro de persoal (punto 10.2.1 da instrucción) nin dun local para o desenvolvemento das súas actividades (punto 10.2.5 da instrucción). Así mesmo, incumpriu as obrigas sinaladas nos puntos 9.3 e 9.5 da instrucción.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Que esta delegación provincial é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro, Diario Oficial de Galicia nº 30, do 4 de decembro); nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, (Diario Oficial de Galicia nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 30, do 4 de decembro), na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (Diario Oficial de Galicia nº 23, do 21 de marzo), reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 28 de outubro), no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 2 de abril, e 89 do 12 de maio).

Segundo.-Así mesmo, neste procedemento observáronse tódolos trámites legais e regulamentarios establecidos e os principios informadores da potestade sancionadora, respectando os dereitos do presunto responsable e tendo en conta as circunstancias adversas e favorables ó infractor.

Terceiro.-Os feitos reflectidos son constitutivos de dúas infraccións administrativas leves, tipificadas nos artigos 39 e) e 40.1º do regulamento, en relación co disposto nos artigos 19 e 22 deste e nos apartados 1, 2.1.3, 8.3 e 9.5 da instrucción.

O responsable das citadas infraccións é o titular da empresa instaladora de gas, de acordo co disposto no artigo 41 a) do regulamento.

As referidas infraccións leves poden sancionarse con dúas multas de ata 500.000 pesetas, tal e como sinala o artigo 42.1º a) do regulamento.

Os feitos mencionados no parágrafo quinto dos antecedentes de feito poden dar lugar á cancelación da inscrición da empresa instaladora de gas no rexistro desta delegación provincial con fundamento no establecido no punto 11.4.a) e b) da instrucción, en relación cos puntos desta citados no referido parágrafo quinto.

Vistos os antecedentes mentados, as disposicións citadas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, formúlanse a seguinte resolución:

Primeiro.-Sancionar a Juan Carlos García Santirso coa multa de 500.000 pesetas por cada unha das infraccións administrativas cometidas, especificadas no punto terceiro dos fundamentos de dereito desta de resolución e a cancelación de empresa instaladora de gas no rexistro desta delegación.

Segundo.-Notifíqueselle a presente resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

A Coruña, 31 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña