Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 15 de xuño de 1999 pola que se acorda a cesión de uso dun TAC marca Elscint, modelo Sprint-2000, número de serie 3509-40-82 propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor da Fundación Hospital Verín.

A Fundación Hospital Verín está interesada en utilizar un TAC marca Elscint, modelo Sprint-2000, nº de serie 3509-40-82 adquirido polo Hospital do Meixoeiro de Vigo en novembro de 1992 e dado de baixa técnica o 10 de setembro de 1998, polo que ambas xerencias instaron a División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde a inicia-los trámites pertinentes.

Para tal fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión de uso de conformidade co

disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión de uso a favor da Fundación Hospital Verín do TAC marca Elscint, modelo Sprint-2000 e nº de serie 3509-40-82.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O TAC cedido destinarase ó Servicio de Radioloxía do Hospital de Verín, para mellora-la prestación deste servicio ós usuarios da Mancomunidade da Comarca de Verín.

b) A cesión outórgase por un período máximo de cinco anos prorrogable por períodos sucesivos de igual duración se así o acordase o Servicio Galego de Saúde, logo de petición da fundación.

c) Se o ben cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo inicialmente fixado no acordo ou deixase de estalo con posterioridade, se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o ben reverterá ó Servicio Galego de Saúde, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentase.

d) A Fundación Pública Hospital de Verín asumirá a responsabilidade fronte a terceiros de tódolos danos derivados directa ou indirectamente da utilización do TAC que se puidesen causar ás cousas ou ás persoas.

e) O Servicio Galego de Saúde poderá comproba-lo cumprimento da obrigas que leva implícitas a cesión.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral do Sergas e o director da fundación, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través da Secretaría Xeral e da División de Recursos Económicos, no marco das súas respectivas competencias, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde