Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado La Paz da Coruña, polo que se solicita autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato tecnolóxico, ciclos formativos de grao superior e cambio de denominación.
Resultando que o dito centro contaba con autorización definitiva para as ensinanzas de preescolar, EXB, bacharelato, COU e formación profesional de primeiro e segundo grao.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Real decreto 2048/1995 (BOE do 9-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas; Decreto 91/1999 (DOG do 16 de abril) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas; Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos; Decreto 224/1997 (DOG do 22 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de
grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración de sistemas informáticos; Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas; Decreto 223/1997 (DOG do 21 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas; Real decreto 543/1995 (BOE do 5 de xuño) polo que se establece o título de técnico superior en documentación sanitaria; Real decreto 541/1995 (BOE do 15 de xuño) polo que se establece o título de técnico superior en próteses dentais; Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas; Decreto 101/1999 (DOG do 23 de abril) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración e finanzas; Real
decreto 1662/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico en xestión administrativa; Decreto 228/1997 (DOG do 28 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en xestión administrativa; Real decreto 2221/1993 (BOE do 10-3-1994) polo que se establece o título de técnico en servicios de restaurante e bar; Real decreto 546/1995 (BOE do 5 de xuño) polo que se establece o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería; Real decreto 547/1995 (BOE do 5 de xuño) polo que se establece o título de técnico en farmacia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto e a Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de xaneiro), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación
profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros
de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.
Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado La Paz da Coruña pasando a denominarse Liceo La Paz.
O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.
Segundo.-Autoriza-lo centro para poder imparti-las ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato tecnolóxico e ciclos formativos de grao superior e establece-la súa configuración, segundo se especifica no anexo da presente orde.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Cuarto.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: r/ As Cernadas nº 20, Polígono de Mato Grande.
Código do centro: 15004265.
Denominación: centro privado Liceo La Paz.
Titular: Carlos Pérez Roca-Antonio Pintor Vidal.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 12 unidades.
b) Centro de educación primaria: 30 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de bacharelato:
* Quenda de mañá:
8 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.
* Quenda tarde-noite:
6 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.
e) Centro de formación profesional específica:
Familia profesional: actividades físicas e deportivas.-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).
Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).
Familia profesional: hostalería e turismo.-1 ciclo formativo de grao medio de servicios de restaurante e bar (1 unidade para 30 postos escolares).
Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).
Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria (1 unidade para 20 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de próteses dentais (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).