Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.362

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 23 de xuño de 1999 pola que se determina a finalización do prazo de presentación de solicitudes ó abeiro do Decreto 199/1996, do 2 de maio, polo que se prorroga o prazo de vixencia do Decreto 142/1992, do 5 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas familiares no medio rural de Galicia.

O Decreto 199/1996, do 2 de maio, polo que se prorroga o prazo de vixencia do Decreto 142/1992, do 5 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas familiares no medio rural de Galicia dispón, no seu artigo 1 punto 2º, que o prazo de presentación de solicitudes será determinado por orde da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

A Orde do 1 de outubro de 1996 pola que se desenvolve o devandito decreto dispón, no seu artigo 1 punto 3º, que a finalización do prazo de presentación de solicitudes se determinará no seu día en función dos recursos orzamentarios e do número de solicitudes.

No momento presente o número de solicitudes presentadas considérase adecuado ó volume de recursos previstos para este fin.

Por todo o anterior e en uso da referida autorización

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do sinalado no artigo 1 do Decreto 199/1996, do 2 de maio, o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de xullo de 1999.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda