Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.362

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xuño de 1999 pola que se modifica o anexo da Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de ordes de pagamentos para xustificar, actualizada pola Orde do 8 de abril de 1994.

Como consecuencia fundamentalmente da nova estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 351/1997, do 10 de decembro, e da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, producíronse variacións na clasificación económica do orzamento de gastos que afecta ás comprendidas no anexo da Orde do 8 de abril de 1994 pola que se actualizan as aplicacións orzamentarias comprendidas na Orde do 26 de febreiro de 1993, que regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

Polo exposto e co obxecto de actualiza-las aplicacións orzamentarias incluídas no anexo da citada orde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Como anexo a esta orde relaciónanse os tipos de gasto e conceptos orzamentarios con cargo ós cales poderán emitirse ordes de pagamento para xustificar.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

1. Con carácter xeral:

Capítulo II. «Gastos en bens correntes e servicios», coa excepción do concepto 227. «Traballos realizados por outras empresas».

Capítulo IV. «Transferencias correntes», unicamente o artigo 48 «A familias e institucións sen fins de lucro», coas limitacións sinaladas no artigo 12 da Orde do 26 de febreiro de 1993 (DOG do 8 de marzo).

2. Con carácter particular:

Consellerías

Aplicacións

orzamentarias

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda06.413B.610.1

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria07.322I.640.1

07.322S.640.1

07.353F.640.1

07.353F.640.2

Consellerías

Aplicacións

orzamentarias

Consellería de Industria e Comercio08.521A.640.0

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria09.421A.628.1

09.613A.640.1

09.614A.628.1

09.614A.640

09.615A.640.1

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo10.353B.640

10.353C.628.1

10.353C.640.1

10.354A.640

10.356A.640.1

10.357B.640.1

10.432A.640

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais11.311A.640

11.313A.640

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura12.342A.640.1

12.612B.640

12.614B.640

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais13.214B.640.0

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude14.211A.640.0

14.211B.640.0

14.355B.640

Consellería de Medio Ambiente15.342A.601

15.342A.640.1

15.422C.640.1

15.422C.633

15.422C.601.1

15.432A.640

15.614C.604

15.614C.640.1

Organismos autónomos

Aplicacións

orzamentarias

Instituto Galego de Estatística05.50.441A.640

Instituto Galego de Consumo08.50.343A.640.0

Servicio Galego de Saúde11.50.2121.640

11.50.2223.640

11.50.2628.640