Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25 de febreiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto reaxustar aliñacións e ordenar volumes na rúa Trabesía de Pastoriza, Arteixo (unidade de actuación 41), promovido por Manuel Figueiras Vitureira en nome e representación de Doficas, S.L., e redactado polo arquitecto Carlos A. Rodríguez Enríquez. (Expediente 29/98. PED).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se coiden convenientes.

Arteixo, 10 de maio de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde