Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de traslado intercentros de equipos, mobiliario, documentación e material diverso, que se vai realizar neste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 46/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: servicio de traslado intercentros de equipos, mobiliario, documentación e material diverso que se vai realizar no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

II. Orzamento estimado: 25.199.151 ptas. (vintecinco millóns cento noventa e nove mil cento cincuenta e unha pesetas)/151.449,95 euros (cento cincuenta e un mil catrocentas corenta e nove euros con noventa e cinco céntimos), IVE incluído.

III. Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

VI. Admisión de variantes: admitiranse as ofertas que sen supera-lo orzamento máximo melloren as condicións técnicas esixidas.

VII. Solvencia económica e financeira: non procede pois esíxese clasificación.

VIII. Solvencia técnica: non procede pois esíxese clasificación.

IX. Criterios de adxudicación:

-Prezo: 4 puntos.

-Medios e calidade do servicio: 3,5 puntos.

-Experiencia: 2,5 puntos.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría B.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela