Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento de aplicacións informáticas das áreas de xestión administrativa e financeira deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 20/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 5 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de mantemento de aplicacións informáticas das áreas de xestión administrativa e financeira do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Orzamento estimado: 4.362.768 ptas (catro millóns trescentas sesenta e dúas mil setecentas sesenta e oito ptas.), IVE incluído. 26.220,76 euros (vinteseis mil douscentos vinte euros con setenta e seis céntimos de euro), IVE incluído.

Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado (87.255 ptas.).

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado (174.510 ptas.).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: un ano, desde o 1 de outubro de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato inicial poderá prorrogarse, por mutuo acordo, nos termos que recolle o artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: admitiranse as ofertas que, sen supera-lo orzamento máximo, melloren as condicións técnicas esixidas.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación: atribuiranse as ofertas unha puntuación ata un máximo dos que se especifican para cada un dos seguintes parámetros:

Coñecementos e experiencia: ata un máximo de 5 puntos.

Valoración económica: ata un máximo de 3 puntos.

Outros factores: ata un máximo de 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas par

ticulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela