Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

1. Subministración do equipamento con destino a diversos centros de saúde.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-01/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento con destino a diversos centros de saúde.

c) Lote: catro lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 238, do 10 de decembro e BOE nº 296, do 11 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e sete millóns novecentas noventa e tres mil novecentas pesetas, IVE incluído (77.993.900 ptas., IVE incluído), 468.752,78 euros.

Lote nº 1: 18.092.795 ptas., 108.739,89 euros.

Lote nº 2: 14.445.783 ptas., 86.820,90 euros.

Lote nº 3: 11.707.768 ptas., 70.365,10 euros.

Lote nº 4: 11.051.215 ptas., 66.419,14 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equipamento moblaxe xeral.

a) Data: 15 de febreiro de 1999.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S. A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaoito millóns noventa e dúas mil setecentas noventa e cinco pesetas, IVE incluído (18.092.795 ptas., IVE incluído), 108.739,89 euros.

Lote nº 2: equipamento de cadeiras de brazos.

a) Data: 15 de febreiro de 1999.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S. A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce millóns catrocentas corenta e cinco mil setecentas oitenta e tres pesetas, IVE incluído (14.445.783 ptas., IVE incluído), 86.820,90 euros.

Lote nº 3: moblaxe clínica.

a) Data: 15 de febreiro de 1999.

Contratista: Keiner, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns setecentas sete mil setecentas sesenta e oito pesetas, IVE incluído (11.707.768 ptas., IVE incluído), 70.365,10 euros.

Lote nº 4: equipamentos de aparellos.

a) Data: 15 de febreiro de 1999.

b) Contratista: Siemens, S. A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns cincuenta e unha mil duascentas quince pesetas, IVE incluído (11.051.215 ptas., IVE incluído), 66.419,14 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos