Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.230

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xuño de 1999 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, convocados por Orde do 15 de abril de 1998.

Por Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e

artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño ós opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de abril de 1998.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras,

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de abril de 1998 ós opositores relacionados nos anexos II, III, IV, V e VI da Orde do 11 de agosto de 1998 (DOG do 21) pola que se facía pública a lista dos opositores que superaron o devandito proceso selectivo.

Segundo.-Queda exceptuado do aprobado da fase de prácticas Alejandro González Crespo, DNI 52.491.102, materia equipos electrónicos, por ter renunciado ós procedementos selectivos e polo tanto non realiza-las prácticas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria