Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares, que se expoñen xunto co presente polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: acceso a núcleos rurais. FCC/1999.

Orzamento: 23.591.235 ptas. (IVE incluído).

Duración do contrato: tres meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas e trinta minutos do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 16 de xuño de 1999.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde accidental