Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 15 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NNSS de Arteixo, consistente en varia-lo trazado da rúa A que separa o terreo denominado Bloque A do convenio urbanístico subscrito no concello no seu día e amplia-la vía peonil de tres metros de largo previsto no convenio de referencia pasando a oito metros e cincuenta centímetros de largo dos que sete metros se dedicarían a vía rodada para facilita-lo tráfico de ambulancias no contorno do Centro de Saúde, promovido por Pilar Varela Vázquez, e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que

consideren convenientes. (Expediente 05/1999.PMP).

Arteixo, 4 de xuño de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente