Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, das obras de cuberta de pista polideportiva no CEIP San Salvador-Vigo e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: delegación provincial.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: cuberta de pista polideportiva no CEIP San Salvador-Vigo.

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 12.889.359 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 257.787 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2.a) Descrición do obxecto: pista polideportiva cuberta, parte da ESO, no IES Ricardo Mella-Vigo.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 19.002.070 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.174.208 ptas.

Ano 2000: 9.827.862 ptas.

d) Fianza provisional: 380.041 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3.a) Descrición do obxecto: cuberta de pista polideportiva no CEIP O Pombal-Vigo.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 18.257.618 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.206.560 ptas.

Ano 2000: 9.051.058 ptas.

d) Fianza provisional: 365.152 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.4.a) Descrición do obxecto: pista polideportiva cuberta no CEIP Seis do Nadal-Vigo.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 19.274.766 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.162.357 ptas.

Ano 2000: 10.112.409 ptas.

d) Fianza provisional: 385.495 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.5.a) Descrición do obxecto: pista polideportiva cuberta, parte da ESO, no IES Valentín Paz Andrade-Vigo.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 21.552.001 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.063.393 ptas.

Ano 2000: 12.488.608 ptas.

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Clasificación: grupo C, categoría D.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 18 de xuño de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra