Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona o acordo de devolución de ingreso indebido de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Arias González, Hermesinda).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963 do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase o acordo de devolución de ingreso indebido de natureza tributaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesada: Arias González, Hermesinda (33.849.954-A); r/ Serra Gañidoira 122-3º Esq., Lugo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns; Exp. 80/98-D.