Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se fixan os prezos de inscrición para o Salón Internacional de Patrimonio Cultural, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no mes de setembro de 1999.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede regula-los prezos de inscrición para a participación no Salón Internacional de Patrimonio Cultural, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exencións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. As tarifas esixibles polo prezo privado 36.29.02. instalación de stands como contraprestación polos

servicios de instalación de stands xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, son as que se fixan no anexo a esta orde e xestionaranse de acordo co disposto na normativa vixente en materia de prezos privados.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

A inscrición no Salón Internacional de Patrimonio Cultural 1999 terá un canon por m de stand de 17.400 ptas. (IVE incluído).

Quedan exentos de sufraga-lo canon mencionado no punto anterior os entes institucionais e as peque

nas e medianas empresas (Pemes), sempre que estean relacionadas con actividades profesionais dedicadas á restauración e conservación do patrimonio cultural.

Para os efectos de clarexa-lo concepto PEME, aplicarase o disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, segundo a redacción dada pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999.