Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobada definitivamente a modificación puntual do estudio de detalle da zona Z-4 do Plan parcial da Illa da Toxa por acto presunto, en virtude do artigo 46 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 43 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento común, modificado pola Lei 4/1999.

Faise público de conformidade co artigo 48.2º da citada Lei 1/1997, significando que, contra o citado acto, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Grove, 8 de xuño de 1999.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde