Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Presentada proposta de reparcelación, realizada polos propietarios afectados e formalizada en escritura pública, do ámbito de execución Plan Parcial Solo Urbanizable Programado nº 1 Pousa do Bispo, para efectos de execución xurídica e material do planeamento, exponse ó público polo prazo de vinte días, de conformidade co establecido nos artigos 102 e 103 da Lei 1/1997, do 21 de marzo, do solo de Galicia, quedando o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 15 de xuño de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde