Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado inicialmente o proxecto de compensación de propietario único, presentado por Promociones y Construcciones Boo Varela, S.L., con enderezo en Ponteareas, para o ámbito do solo urbano non consolidado, unidade de execución nº 4, en Tui, para efectos de execución xurídica e material do planeamento, exponse ó público polo prazo de vinte días, de conformidade co establecido nos artigos 102 e 133.8º da Lei 1/1997, do 21 de marzo, do solo de Galicia, quedando o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 14 de maio de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde