Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 10 de maio de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono 2 do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) da Barcia, así como os estatutos e bases de actuación necesarios para constituí-la xunta de compensación do polígono, promovidos pola entidade mercantil Gesprocar, S.L.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º, en relación co 102 da lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas. Así mesmo, os interesados poderán solicitar, se así o desexan, a súa incorporación á Xunta de Compensación. A solicitude formularase por escrito e deberán achegarse os documentos acreditativos do dereito sobre os terreos afectados.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde