Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, da obra: reformas varias no CEIP de Vilameán-Nigrán e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: reformas varias no CEIP Vilameán-Nigrán e outras.

b) Prazo de execución: dous mees e medio.

c) Orzamento da obra: 14.250.001 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 285.000 ptas., correspondente ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2.

a) Descrición do obxecto: instalación calefacción, proxectado de cuberta e reparación piso do ximnasio do CEIP A Paz de Tintureira-Coruxo-Vigo.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 7.625.961 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 152.519 ptas., correspondente ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3.

a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e falso teito no EESP Saladino Cortizo-Vigo.

b) Prazo de execución: oito meses.

c) Orzamento da obra: 36.882.780 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

Ano 1999: 18.382.780 ptas.

Ano 2000: 18.500.000 ptas.

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Clasificación: grupo C, categoría D.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral «A», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias «B», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica «C», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 15 de xuño de 1999.

P.D. (Dto. 87/1990, do 15 de febreiro)

Jose Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra