Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de maio de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00011-O-1999 e sete máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederease ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de maio de 1999.

Gonzálo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00011-O-99

C-0176-I

G.C. Tráfico

Meyllo, S.L.

Avda. Fisterra, 341

15010 A Coruña

Facer transporte privado complementario de mercadorías desde A Coruña a Mera, carecendo de tarxeta de transporte. Amosa tarxeta caduca no ano 1997.

28-12-1998; 10.40; LC-173; 3,100

Art. 103 da Lei 16/1987, e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
XC-00037-O-99

PO-2495-AG

G.C. Tráfico

Ganaderos Porcino, S.L.

Xral Aranda, 102

15400 Ferrol (A Coruña)

Circular transportando un cargamento de ovos desde Ferrol a Perbes, amparado por unha tarxeta de transportes con visado do ano 1995.

4-1-1999; 15.40; N-651; 17,500

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00145-O-99

LU-8788-T

G.C. Tráfico

Óscar Edreira López

Rúa do Xunco Edf. Batel, 5 C

27888 Cervo (Lugo)

Facer un transporte de 300 kg de mercadorías perecedoiras carecendo da autorización de transporte do ano en curso.

23-1-1999; 11.10; C-552; 105,600

Art. 199, b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
XC-00152-O-99

C-3006-AV

G.C. Tráfico

Electrónica Noroeste Servicios Generales, S.L.

Arquimedes, 8

15008 A Coruña

Transportar material eléctrico de Santiago de Compostela a Urdilde, carecendo dos distintivos da tarxeta que ampara o dito transporte.

1-2-1999; 9.35; C-543; 14

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
XC-01236-O-98

C-5602-BK

G.C. Tráfico

Electro Coruña, S.A.

Andrés Gaos, 10-BS

15010 A Coruña

Transportar material eléctrico carecendo o vehículo de tódolos distintivos.

28-10-1998; 13.10; C-552; 69.800

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
XC-01239-O-98

C-3271-AH

G.C. Tráfico

Autos Ordes, S.L.

Gambrinus, 29

15008 A Coruña

Carece-lo autobús do letreiro que especifica que existe un libro de reclamacións á disposición do público, facendo tansporte escolar.

28-10-1998; 10; N-VI; 591,800

O.M. 25 de outubro de 1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199010.000 ptas.
XC-01280-O-98

PO-0273-AC

G.C. Tráfico

Canosa López, S.L.

Europa, 11, 2º D

15007 A Coruña

Circular transportando un cargamento de iogures, carecendo da tarxeta de transportes e tamén carecendo do certificado especial para o transporte de mercadorías perecedoiras.

14-11-1998; 10; N-651; 26,400

Art. 199,b) do R.D. 1211/1990, Art. 7 do Real decreto 2312/1985, do 24 de setembro, normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos dedicados ó transporte de mercadorías perecedoiras (BOE nº 298, do 13 de decembro)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199030.000 ptas.
XC-01283-O-98

C-6456-AL

G.C. Tráfico

Reformas Xan, S.L.

Alfonso Molina, 32 baixo

158 A Coruña

Circular transportando 18 recipientes de 60 litros de capacidade con residuos clínicos dun ambulatorio carecendo da tarxeta de transporte.

4-11-1998; 10.40; C-552; 29,700

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.