Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Freire Rodríguez, Ángel Manuel e outro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia, pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Freire Rodríguez, Ángel Manuel (33.839.258-W); r/ Campos Novos 8-1ºK-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 8474/98; liquidación 600802478742.

Interesado: Maciñeiras Fernández, José Antonio (33.821.287-V); r/ Rúa Nova 109-1ºEsq.-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 9376/98; liquidación 600802555102.