Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan o acordo de finalización de taxación pericial contradictoria e a liquidación complementaria pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Copa Villar, Alejandro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse o acordo de finalización de taxación pericial contradictoria e a liquidación complementaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Copa Villar, Alejandro (33.824.821-D); Ronda República Arxentina 2-6ºA-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp.: 9269/97; liquidación 004970000157; taxación 24/98.