Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 393/1998.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoo de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente: 393/1998.

Acta nº: 369/1998.

Titular: Manuel Otero Miramontes.

NIF/DNI: 33223146-Z.

Enderezo: Celso Emilio Ferreiro, 4-1º D. Centro Com. Simago, S.A. Santiago de Compostela.

Materia: T.

Data de resolución: 15-1-1999.

Sanción: 100.100 ptas.

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña