Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 493/1998 e dous máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente: 493/1998.

Acta nº: 1053/1998.

Titular: Buy Cheaper, S.L.

NIF/DNI: B-15.591.076.

Enderezo: Mª Luisa Durán Marquina, 8, baixo. A Coruña.

Materia: Obstruc.

Data de resolución: 20-4-1999.

Sanción: 50.001 ptas.

Expediente: 91/1999.

Acta nº: 1315/1998.

Titular: Empresa de Explotaciones Remes, S.A.

NIF/DNI: A-03.274.693.

Enderezo: r/ Polígono, nave 15. O Temple. Cambre (A Coruña).

Materia: S.H.

Data de resolución: 20-5-1999.

Sanción: 250.100 ptas.

Expediente: 95/1999.

Acta nº: 1428/1998.

Titular: Empresa de Explotaciones Remes, S.A.

NIF/DNI: A-03.274.693.

Enderezo: r/ Polígono, nave 15. O Temple. Cambre (A Coruña).

Materia: S.H.

Data de resolución: 20-5-1999.

Sanción: 500.100 ptas.

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña