Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto con tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre as tecnoloxías da información e a comunicación no sector naval.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 3/99.

Obxecto do contrato: realización dun estudio sobre a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación no sector naval.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución e entrega dos traballos será o 1 de decembro de 1999.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: sete millóns setecentas cincuenta mil pesetas (7.750.000 ptas., IVE incluído).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (155.000 ptas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e codigo postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 19.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e codigo postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio