Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a adquisición de pupitres para centros de ensino permanente de adultos. (Expediente SC 9/99).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamentos.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de pupitres para centros de ensino permanente de adultos.

b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Polígono Industrial Toedo-A Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 30 días ou inferior segundo oferta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 33.000.000 de ptas. (198.333,99 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: r/ Rosalía de Castro, nº 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2º Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria