Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de conexión da AC-122 coa E.P. 3504, treito Pedreira-Maniños (clave C/AC/98.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 21 de xaneiro de 1999 procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras de conexión da AC-122 coa E.P. 3504, treito Pedreira-Maniños (clave: C/AC/98.1), polo secretario xeral por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de febreiro de 1999, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 25/1999, publicado no DOG nº 31, con data do 16 de febreiro de 1999.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no Concello de Mugardos, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Mugardos.

Das 10 horas ás 13 horas.

Data: 5 de xullo de 1999, do predio 438 ó predio 491.

Data: 6 de xullo de 1999, do predio 491A ó predio 565.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 8 de xuño de 1999.

P.A.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña