Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.037

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia e emprazamento para ante a Audiencia Provincial da Coruña 180/1998.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 180/1998, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o 20 de abril de 1999. En nome da súa maxestade El-Rei.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 180/1998, no que actuou como demandante Faustino García Maroño, representado polo procurador dos tribunais Manuel Pena Martínez e asistido polo letrado Felisindo Basteiro Guerra e como demandados, Jorge Juan García García representado polo procurador José Antonio Cistín Pérez e asistido polo letrado Julio Castro Pol e herdeiros de María Dolores Louro Fernández, Antonio García García, Dolores Etelvina García Louro, declarados todos eles en rebeldía procesual, e a Xunta de Galicia, asistida do seu letrado Alfonso García Magariños.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Faustino García Maroño, representado polo procurador dos tribunais Manuel Pena Martínez e asistido polo letrado Felisindo Basteiro Guerra, contra Jorge Juan García García, representado polo procurador José Antonio Cristín Pérez e asistido do letrado Julio Castro Pol, e herdeiros de María Dolores Louro Fernández, Antonio García García, Dolores Etelvina García Louro, declarados todos eles en rebeldía procesual, e a Xunta de Galicia asistida do seu letrado Alfonso García Magariños, declarando: válido e eficaz o contrato de compravenda con data do 23 de maio de 1995, outorgado pola demandada Dolores Etelvina García Louro e o demandante Faustino García Maroño, pertencendo en consecuencia a este os predios litixiosos. A parcela número 44 do polígono 2 do proxecto parcelario da zona de concentración parcelaria de Gafoi, Frades, correspóndese co predio 1 do contrato referido, Toxal das Cales e que a administración atribúe

indebidamente ós irmáns Antonio e Jorge Juan Salvador García García, debendo estes reintegra-la dita parcela ó demandante ou renunciar e cede-los dereitos e compensacións derivadas da dita achega ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, sendo en consecuencia, se é o caso, nula a adxudicación que puidese efectua-la Administración a favor dos ditos demandados, debendo ser substituídos polo demandante, cancelándose a inscrición que puidera practicarse no Rexistro da Propiedade, acordándose a do demandante, a que se lle deberá entrega-la respectiva parcela segregada que resulte ou poida compensa-la parcela achegada.

En canto ás custas, haberá que aterse ó sinalado no último fundamento xurídico.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, herdeiros de

María Dolores Louro Fernández, Antonio García García e Dolores Etelvina García Louro, os cales, así mesmo, son emprazados co fin de que comparezan no termo de dez días que contarán desde a publicación desta cédula, co fin de que comparezan ante a Audiencia Provincial da Coruña, para usar do seu dereito, ó ter sido apelada a sentencia pola demandada Xunta de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado