Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Helados Miko, S.A., para o seu centro de traballo en Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Helados Miko, S.A., para o seu centro de traballo en Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-3-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, pola delegada de persoal, con data 5-3-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo entre a empresa Helados Miko, S.A. e os seus traballadores do centro de Vigo 1999-2000

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e persoal.

O presente convenio colectivo regulará a partir da data da súa entrada en vigor as relacións laborais entre a empresa Helados Miko, S.A., centro de traballo de Vigo e o persoal do seu cadro de persoal, coa excepción do delegado da empresa.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación no centro de traballo de Vigo.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999 e terá unha duración de dous anos que rematará o 31 de decembro do 2000. O convenio prorrogarase tacitamente agás que algunha das partes o denunciase dentro dos tres últimos meses da súa vixencia.

Artigo 4º.-Incremento salarial.

Ano 1999: as retribucións correspondentes ó ano 1999 son as recollidas no anexo I.

Ano 2000: a retribución salarial correspondente ó ano 2000 para todo o persoal na súa retribución fixa, será o que se determine no anexo II.

Na parte variable aplicaranse as mesmas porcentaxes de comisión que en 1999 e cos mesmos criterios que en 1999, recollidos no anexo I.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e non poderán ser aplicadas parcialmente.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

O coñecemento e os conflictos derivados da aplicación e interpretación das condicións pactadas no presente convenio, realizarase a través da comisión paritaria que queda constituída e formada polos seguintes membros:

Representantes da empresa:

Xefe de zona: José Antonio Gutiérrez Figar.

Delegado: Guillermo Araujo Pardo.

Representantes do persoal:

Mª del Carmen Valcárcel Vilas.

José Antonio Álvarez Vázquez.

Artigo 7º

Ámbalas partes asinantes conveñen en dar coñecemento á citada comisión de cantos detalles, discrepancias e conflictos puideran producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio, para que esta emita o seu dictame previo á presentación de tales casos perante as xurisdiccións correspondentes.

A comisión reunirase e emitirá o seu dictame nun prazo de 15 días, como máximo, a partir da data en que se poña no seu coñecemento o tema que se vai dirimir.

Organización do traballo

Artigo 8º

A organización e práctica do traballo correspóndelle á dirección da empresa, dentro das normas e orientacións legais vixentes. Sen mingua da autoridade recoñecida á dirección da empresa, o delegado de persoal terá a función de asesoramento, orientación e proposta no referente á organización e racionalización do traballo.

Artigo 9º

A empresa, tendo en conta que o contido fundamental dos postos de traballo de promotores, autovendas e vendedor de ruta se realiza fóra do centro de traballo, é dicir, na rúa, e en virtude do dereito recoñecido nas disposición legais, de poder adopta-las medidas que coide máis oportunas de vixilancia e control para verifica-lo cumprimento polo traballador das súas obrigas e deberes laborais, aplica o réxime de traballo a tarefa, tanto para efectos da súa realización coma para efectos da retribución.

Artigo 10º

A determinación do traballo a tarefa afecta soamente a promotores, autovendas e vendedor de ruta e será efectuada pola empresa fixando para cada categoría profesional a tarefa que se vai realizar, nun período determinado de tempo, atendendo ás características e particularidades de cada ruta e tendo en conta, entre outros factores, o número de visitas que se van realizar. En consecuencia, para a realización do traballo a tarefa, a empresa fixará a hora de iniciación da xornada, rematando unha vez realizada a misión diaria asignada.

Se o traballador considerase excesiva a tarefa asignada porao en coñecemento do seu xefe inmediato. Contra a decisión deste, poderá recorrer á dirección da empresa, por si mesmo, ou a través do delegado de persoal. A dirección resolverá no prazo de dez días. A resolución poderá ser recorrida perante o organismo laboral competente (comisión paritaria, etc.) sen prexuízo de continuar cumprindo as instruccións recibidas mentres non se resolva definitivamente o que proceda.

Para o resto do persoal, é dicir, administrativos e camaristas, dado que o contido fundamental destes postos de traballo se realiza no interior do centro de traballo, a empresa aplica o réxime de traballo de xornada partida ou xornada continuada, tanto para efectos da súa realización, coma para efectos da retribución.

Definición dos postos de traballo

Artigo 11º

Os contidos dos diferentes postos de traballo consignados no presente convenio son simplemente

enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar cada categoría profesional, e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas se a necesidade do volume da empresa non o require.

Equivalencia: para efectos do disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, que regula a mobilidade funcional no cadro de persoal, acórdanse as seguintes equivalencias entre os grupos profesionais que se citan:

-Grupo de vendas: as categorías de promotores, autovendas e preventistas e vendedor de rutas.

-Grupo almacén-cámara: as categorías de camaristas e peóns de almacén.

-Grupo de administración: as categorías correspondentes a todo o persoal administrativo, así como ós televendedores.

Artigo 12º.-Promotor.

É o que presta os seus servicios para realizar actividades de promoción, captación de clientes e prospección de vendas e publicidade, sendo responsable dun grupo de persoas e funcións, ocupándose de aplicar e facer aplica-las normas de traballo, para consegui-los obxectivos sinalados nos plans xerais da empresa, tanto nos aspectos comerciais coma administrativos e mantemento de vehículos e demais medios comerciais, velando polo exacto cumprimento deles e informando en todo momento os seus inmediatos superiores de canto sexa de interese no desenvolvemento das funcións dos seus subordinados.

Encargarase do adestramento do persoal do seu grupo. Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de autovendistas, descarga de camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc.

Artigo 13º.-Autovenda.

É o que presta os seus servicios para efectua-la distribución dos productos ós clientes da empresa conducindo o vehículo que se lle asigne, efectuando os traballos de carga e descarga deste, cobramento de contado e crédito e liquidación da mercadoría, actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, control dos medios concedidos en poder de clientes, visitando a tódolos clientes de cada ruta, informando diariamente os seus superiores da súa xestión, coidando do mantemento e conservación do vehículo.

Ademais disto, realizará na zona que se lle sinale a prospección, mantemento e, se procede, apoio á captación de clientes, introducción de novos productos, posta en marcha de clientes, etc.

Por necesidades organizativas, as funcións detalladas no parágrafo anterior poderán ser asignadas a productores distintos. En tal suposto, quedarán encadrados nesta categoría tanto o productor que realice actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade como o que se encarga de efectua-la distribución e conseguinte cobramento e liquidación da mercadoría, carga e descarga do camión, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de descarga de camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc., limpeza de almacén, conservadoras, etc.

Artigo 14º.-Vendedor de ruta.

É o que presta os seus servicios para efectua-la distribución dos productos ós clientes da empresa conducindo o vehículo que se lle asigne, efectuando os traballos de carga e descarga deste, cobramento de contado e crédito e liquidación da mercadoría, actividades de promoción de vendas e publicidade, control dos medios concedidos en poder de clientes, visitando tódolos clientes de cada rura, informando diariamente os seus superiores da súa xestión, coidando do mantemento e conservación do vehículo.

Por necesidades organizativas, as funcións detalladas no parágrafo anterior poderán ser asignadas a productores distintos. En tal suposto, quedarán encadrados nesta categoría tanto o productor que realice actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, como o que se encarga de efectua-la distribución e conseguinte cobramento e liquidación da mercadoría, carga e descarga do camión, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de descarga dos camións de fábrica, distribución de conservadores, illas, quioscos, etc., limpeza do almacén, conservadoras, etc.

Artigo 15º.-Televendedor.

É o que presta os seus servicios para efectua-la venda telefónica dos productos ós clientes da empresa utilizando o equipo telefónico e informático que

se lle asigne, efectuando os traballos de preparación de ficheiros e ruteiros, toma de incidencias, seguimento do reparto dos pedidos efectuados por el, actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, seguimento dos medios concedidos en poder de clientes, informando diariamente os seus superiores da súa xestión e coidando do equipo telefónico asignado.

Ademais disto realizará, nos clientes que se lle sinalen, a prospección, mantemento e, se procede, apoia á captación de clientes, introducción de novos productos, posta en marcha de clientes, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría.

Artigo 16º.-Administrativo.

É o que presta os seus servicios en calidade de administrativo, para realizar operacións administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas, inherentes ó labor administrativo.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son simplemente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar este traballador. Por tanto, estará disposto a realizar cantos traballos inspirados no principio da boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría.

Artigo 17º.-Auxiliar administrativo.

É o que presta os seus servicios colaborando co administrativo para realizar operacións administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas, inherentes ó labor administrativo.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son simplemente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar este traballador. Por tanto, estará disposto a realizar cantos traballos inspirados no principio da boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría.

Artigo 18º.-Camarista.

É o que presta os seus servicios en calidade de camarista para:

-Controla-las existencias de producto na cámara.

-Descarga-las subministracións no depósito e a súa introducción na cámara ou almacén.

-Ter perfectamente ordenados os productos no interior da cámara ou almacén.

-Servir e carga-los pedidos que lle efectúen os promotores, autovendistas, vendedores de ruta ou posibles clientes que se acheguen a comprar ó mesmo depósito.

-A limpeza, orde do almacén e vixilancia das instalacións.

-A limpeza e distribución das conservadoras, illas, quioscos, etc.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son simplemente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar este traballador. Por tanto, estará disposto a realizar cantos traballos, inspirados no principio da boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Artigo 19º.-Axudante camarista.

É o que presta os seus servicios colaborando co camarista para:

-Controla-las existencias de producto na cámara.

-Descarga-las subministracións no depósito e a súa introducción na cámara ou almacén.

-Ter perfectamente ordenados os productos no interior da cámara ou almacén.

-Servir e carga-los pedidos que lle efectúen os promotores, autovendistas, vendedores de ruta ou posibles clientes que se acheguen a comprar ó mesmo depósito.

-A limpeza, orde do almacén e vixilancia das instalacións.

-A limpeza e distribución das conservadoras, illas, quioscos, etc.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar este traballador. Por tanto, estará disposto a realizar cantos traballos, inspirados no principio da boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Determinación das condicións económicas

Artigo 20º

A empresa aplica o réxime retributivo de traballo a tarefa para promotores, autovendas e vendedor de ruta segundo a táboa do anexo I.

Durante os anos 1999 e 2000 aplicarase o sistema de comisións que se recolle no anexo I.

A empresa reserva para si a capacidade de introducir modificacións no sistema de comisións por razóns de estratexia retributiva, incorporación de novos productos, cambio nos sistemas de vendas, etc.

A retribución do traballo a tarefa comporase de dúas partes:

-Unha, en concepto de soldo fixo, correspondente á categoría profesional do traballador afectado; o seu contido recóllese no artigo 12º, 13º e 14º.

-E outra, en concepto de comisións que retribuirán:

a) A forma en que se desenvolve a tarefa.

b) Os desfases de tempo, en cómputo anual, que puidesen resultar na realización da tarefa.

Artigo 21º

O anexo I recolle igualmente a retribución pactada ó resto do persoal, de acordo coa súa categoría profesional.

Artigo 22º

Así mesmo, recóllense no anexo I os diferentes conceptos económicos como son:

-A compensación por comida, segundo a categoría profesional, sempre que por razóns de traballo se produza o desprazamento do persoal afectado, de forma que non poidan comer no domicilio ou lugar habitual.

-A compensación por gardas en domingos e festivos, na forma que se establece.

Xornada laboral

Artigo 23º

A duración da xornada ordinaria de traballo será de 1.797 horas/ano de traballo efectivo, medidas en cómputo anual.

Artigo 24º

Dado o carácter eminentemente estacional da venda de xeados e conxelados, dado que está establecida a xornada anual de 1.797 horas efectivas de traballo, a empresa flexibilizará a xornada laboral atendendo ás necesidades do traballo de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

Artigo 25º

A xornada laboral adaptarase ás necesidades do centro de traballo, seguindo como norma xeral a hora de entrada en campaña ás 8 da mañá e ás 8.30 fóra de campaña.

Para estes efectos fíxase o período de campaña desde o 1 de abril ó 30 de setembro, ámbolos dous incluídos, período no cal se traballarán 16 sábados completos que se determinarán no depósito.

A hora de iniciación da xornada poderá ou non se-la mesma para as diferentes categorías profesionais.

Artigo 26º

Dado que o 80% das vendas de xeado se efectúan no período de campaña, traballaranse os 16 sábados determinados no artigo anterior.

Queda exceptuado o persoal administrativo, dado que a índole do seu traballo o permite, de forma que os 16 sábados determinados no artigo 25º acabarán a súa xornada ás 14 horas.

Como compensación, non se traballará ningún sábado do resto do ano. Ademais disto e para favorece-la compensación, para as administrativas engadiranse tres días máis de festa ás vacacións regulamentarias sempre fóra do período de campaña.

Para o resto do persoal, o suxeito a tarefa, televendedores e os camaristas, engadiranse os días que sexan precisos e para que, incluídos os 3 días citados queden compensadas as medias xornadas de descanso semanal non gozadas. Estes días engadiranse tamén ás vacacións regulamentarias.

Artigo 27º

As festas laborables, que terán carácter retribuído e non recuperable, son catorce ó ano de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

A relación concreta das festas neste centro de traballo figura como anexo III a este convenio.

Artigo 28º.-Traballo en domingos e festivos.

En principio non cabe o traballo en domingos e festivos do persoal coas seguintes excepcións:

-Para promotores:

a) Cando a función de autovendista ou vendedor de ruta, dándose as circunstancias que obrigan a facer ruta.

b) Cando sexa nomeado responsable da garda, como responsable da apertura do depósito e peche del, así como da liquidación da venda e mercadoría.

-Para autovendas e vendedor de ruta:

a) Cando por circunstancias imprevisibles de forza maior ou avarías de máquinas ou vehículos non puidese ser atendido o traballo imprescindible programado.

b) En distribución o persoal estrictamente necesario para atender servicios especiais limitados, tales como quioscos, feiras e festexos locais, espectáculos deportivos e análogos.

O espírito que inspira esta normativa do traballo en domingos e festivos baséase na vontade de reduci-las gardas ó mínimo necesario.

Vacacións

Artigo 29º

O persoal gozará dun período anual de descanso de 30 días naturais e serán concedidos fóra do perío

do de campaña, dada a especial intensificación do traballo nesta época.

Varios

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós seus traballadores as seguintes pezas de roupa de traballo, as cales quedarán sempre como propiedade da empresa:

-Autovendas e vendedor de ruta:

Dúas camisas e dous pantalóns que terán unha duración dun ano.

Unha cazadora térmica que se renovará cando cumpra.

-Camarista:

Un equipo especial térmico que lle evite ó organismo os cambios bruscos de temperatura entre a da cámara e a ambientais que se renovará cando sexa necesario.

-Persoal administrativo:

Dúas batas a todo aquel que se comprometa a usalas.

Baixas por enfermidade, accidente non laboral

ou accidente de traballo

Artigo 31º

A empresa aboará un complemento equivalente á contía necesaria para que, sumado á prestación correspondente alcance a totalidade do salario que percibía de media mensual durante os últimos doce meses.

O aboamento deste complemento terá unha duración máxima de doce meses e empezará a devengarse unha vez transcorridos dous meses de producida a enfermidade ou o accidente, de tal forma que o último mes de aboamento sexa o mes 14 a partir da enfermidade ou accidente.

Non obstante, a empresa poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento a cargo do persoal médico designado pola empresa. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos que puideran existir por conta da empresa por estas situacións.

Artigo 32º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de rango superior.

Artigo 33º.-Garantía do posto de traballo.

Os traballadores que se vexan privados de carné de conducir por un máximo de ata tres meses e este lles sexa necesario para o exercicio da súa profesión habitual na empresa, manterán a mesma categoría e remuneración salarial normal, cando a retirada

deste carné de conducir sexa motivada por infracción do Código da Circulación que non revista o carácter de imprudencia temeraria por reincidencia. Durante o período de retirada do carné, a empresa poderá destina-lo traballador afectado a outras tarefas que non resulten vexatorias para el.

Artigo 34º.-Faltas, sancións e premios.

Acórdase manter no futuro a mesma tipificación aplicada ata agora, é dicir, os artigos 67 a 76, ámbolos dous incluídos, da xa derrogada ordenanza de traballo de comercio do 24 de xullo de 1971.

ANEXO I

Condicións económicas ano 1999

(En pesetas).

CategoríaImporte bruto anual

(sen antigüidade)

Salario mensual bruto (14 mensualidades)

Total mesSoldo basePlus actividadePenosidade

Promotor2.675.302191.09336.641154.452

Autovendista2.236.332159.73830.053129.685

Vendedor de ruta1.599.179114.22719.28694.941

Administrativo2.309.356164.95424.211140.743

Auxiliar administrativo

Televendedora1.347.20696.22919.28676.943

Camarista2.492.770178.05528.890125.94023.225

Axudante camarista1.932.076138.000

1. As 14 mensualidades aboaranse en:

-12 meses naturais.

-2 extraordinarias (xullo e decembro).

2. O devengo das dúas mensualidades extraordinarias serán:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de decembro: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

De cada ano, en ámbolos dous casos.

3. Os camaristas e axudante camarista percibirán un complemento de penosidade do 15% sobre o soldo base e o complemento de actividade durante cada unha das 14 mensualidades.

Sistema de comisións sobre vendas netas cobradas

CampañaNon campaña

Abril a setembroOutubro a marzo

% contado% crédito% contado% crédito

Promotores con dous camións

Xeado1,100,802,151,70
Verduras, Preco. e Peix.1,100,801,100,80
Pastelería1,100,801,100,80

Promotores con tres camións

Xeado0,950,701,801,45
Verduras, Preco. e Peix.0,950,700,950,70
Pastelería0,950,700,950,70

Autovendas e vendedor de ruta

Xeado2,151,704,003,20
Verduras, Preco. e Peix.2,502,002,502,00
Pastelería2,502,002,502,00

1. A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicarán os diferentes tipos de comisión, será a de vendas de contado e mailas vendas de crédito cobradas.

2. O tipo de comisión está incrementado de forma que mensualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións, percibíndose, polo tanto, neste período unicamente a retribución fixa.

Sistema de comisións de reparto de televenda

sobre vendas netas cobradas

CampañaNon campaña

Abril a setembroOutubro a marzo

% contado% crédito% contado% crédito

Promotores con dous camións

Xeado0,7150,5201,3981,105
Verduras, Preco. e Peix.0,7150,5200,7150,520
Pastelería0,7150,5200,7150,520

Promotores con tres camións

Xeado0,6170,4551,1700,943
Verduras, Preco. e Peix.0,6170,4550,6170,455
Pastelería0,6170,4550,6170,455

Autovendas e vendedor de ruta

Xeado1,3981,1052,6002,080
Verduras, Preco. e Peix.1,6251,3001,6251,300
Pastelería1,6251,3001,6251,300

1. A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicarán os diferentes tipos de comisión, será a de vendas de contado e mailas vendas de crédito cobradas.

2. O tipo de comisión está incrementado de forma que mensualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións, percibíndose, polo tanto, neste período unicamente a retribución fixa.

Sistema de comisións de reparto xeral

sobre consumos a prezos tarifa

% Campaña% Non campaña

Abril a setembroOutubro a marzo

Promotores con dous camións

Xeado0,4931,047

Verduras, Preco. e Peix.0,4931,047

Pastelería0,4931,047

Promotores con tres camións
Xeado0,4310,893

Verduras, Preco. e Peix.0,4310,893

Pastelería0,4310,893

Autovendas e vendedor de ruta
Xeado1,0471,972

Verduras, Preco. e Peix.1,0471,972

Pastelería1,0471,972

1. Este sistema non se verá afectado polos descontos aplicados ós clientes, segundo o seguinte punto.

2. A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicarán os diferentes tipos de comisión será a do reparto realizado no mes de referencia.

3. O tipo de comisión está incrementado de forma que mensualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións, percibíndose, polo tanto, neste período unicamente a retribución fixa.

Notas:

1. Grandes clientes:

Ata o 10% de desconto adxudícase o 100% da venda a promotores e autovendas e vendedor de ruta.

Do 10 ó 15% de desconto adxudícase:

-65% da venda a promotores, autovendas e vendedor de ruta.

-35% da venda ó depósito.

Do 15 ó 20% de desconto adxudícase:

-50% da venda a promotores, autovendas e vendedor de ruta.

-50% da venda ó depósito.

(Este sistema non se aplicará no caso de reparto xeral).

2. Promotores con catro camións:

A porcentaxe de comisións será o mesmo que para o caso do promotor con tres camións.

A cifra de vendas+reparto, sobre a que se aplicará o sistema de comisións, determinarase mediante a seguinte operación aritmética:

Suma de vendas dos 4 camiónsx3=

4

=Cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións

3. Promotores con cinco camións:

A porcentaxe de comisións será a mesma que para o caso do promotor con tres camións.

A cifra de vendas+reparto sobre a que se aplicará o sistema de comisións determinarase mediante a seguinte operación aritmética:

Suma de vendas+reparto dos 5 camiónsx3=

5

=Cifra de vendas+reparto sobre a que se aplicará o sistema de comisións

Incentivos 1999 (en pesetas):

Televendedores: 568.210 ptas. para cómputo anual de 1.797 horas traballadas, segundo o sistema anexo.

Administrativas: 245.400 ptas. (20.450 por quincena), segundo o sistema adxunto.

Camaristas: 212.400 ptas. (17.000 por quincena), segundo sistema adxunto.

Incentivo de campaña para o persoal administrativo 1999.

Obxectivo do incentivo:

O obxectivo do incentivo é premia-la corrección e a puntualidade na execución dos traballos administrativos e remunera-lo posible exceso de tempo que puidera derivarse da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican:

Características do incentivo:

1. Será do mes de abril ó mes de setembro, ámbolos dous incluídos.

2. A autorización para o pagamento deberá conter tanto a sinatura do delegado correspondente como da auditoría.

3. Os criterios de valoración para decidi-la procedencia ou non do pagamento será establecidos proximamente na forma habitual, xunto cos obxectivos quincenais e mensuais.

Importe do incentivo:

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 20.450 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

4. O incentivo está incrementado de forma que quincenalmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións.

Incentivos de campaña para o persoal de cámara 1999.

Obxectivo do incentivo:

O obxectivo do incentivo é premia-la forma en que realiza o traballo o persoal de cámara e o posible exceso de tempo que puidese derivarse da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican.

Características do incentivo:

1. Será desde o mes de abril ó mes de setembro, ámbolos dous incluídos.

2. Será responsabilidade do delegado, sen necesidade de pedir autorización, a decisión sobre si procede ou non o seu aboamento.

3. Os criterios que valorará o delegado serán os seguintes:

a) Existencias:

-Funcionamento das notas de envío segundo as normas.

-Funcionamento das follas de carga segundo as normas.

-Orde e limpeza da cámara.

b) Delegación:

-Orde e limpeza da nave.

c) Conservadoras e quioscos:

-Orde e limpeza.

-Control das entradas e saídas e colaboración na súa colocación.

d) Colaboración co delegado.

Importe do incentivo:

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 17.700 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

4. O incentivo será incrementado de forma que quincenalmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións.

5. O incentivo está calculado incluíndo a parte correspondente ó complemento de penosidade.

Incentivo para o persoal televendedor 1999.

Obxectivo do incentivo:

O obxectivo do incentivo é premia-la consecución dos obxectivos de vendas marcados pola empresa e remunera-lo posible exceso de tempo que puidera necesitarse para alcanzalos, de acordo cos criterios que a seguir se especifican:

Características do incentivo:

1. O delegado fixará o obxectivo de vendas que debe alcanza-lo televendedor de acordo coa cota dos clientes de televenda.

2. Ó final de mes dividiranse as vendas no mes dos clientes de televenda entre o obxectivo fixado.

3. Á porcentaxe obtida aplicarémoslle a seguinte táboa:

% Vendas/cotas% Incentivo

Menos do 80%0
80%-90%50%
90%-94%65%
94%-97%80%
97%-103%100%
103%-110%110%
Máis do 110%120%

Importe do incentivo:

1. O incentivo terá carácter mensual e o seu importe será proporcional ó número de horas traballadas polo televendedor no mes.

2. Co criterio sinalado no punto anterior, o incentivo que se fixará mensualmente derivará do importe de 568.210 ptas. en cómputol anual de 1.797 horas.

3. O incentivo está incrementado de forma que munsualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións.

Compensación por comida 1999

CategoríaImporte

Promotor1.340 ptas.

Autovenda e vendedor de ruta1.230 ptas.

Compensación por gardas en festivos 1999

Para promotor, autovendista, vendedor de ruta: 11.390 ptas.

ANEXO II

Condicións económicas ano 2000

(En pesetas).

CategoríaImporte bruto anual (sen antigüidade)

PromotorImporte 1999+(IPC 1999+0,4%)

AutovendistaImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

Vendedor de rutaImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

AdministrativoImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

Auxiliar administrativoImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

TelevendedoraImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

CamaristaImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

Axudante camaristaImporte 1999+(IPC 1999+0,40%)

1. As 14 mensualidades aboaranse en:

-12 meses naturais.

-2 extraordinarias (xullo e decembro).

2. O devengo das 2 mensualidades extraordinarias serán:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de decembro: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

3. Os camaristas e axudantes camaristas percibirán un plus de penosidade do 15% sobre o soldo base e plus de actividade durante cada unha das 14 mensualidades.

Incentivos 2000

Televendedoras: 568.210 ptas.+(IPC 1999+0,40%) para cómputo anual de 1.797 horas e segundo sistema.

Administrativas: 245.400 ptas.+(IPC 1999+0,40%) segundo sistema.

Camaristas: 212.400 ptas.+(IPC 1999+0,40%) segundo sistema.

CategoríaImporte

Promotor1.340 ptas.+IPC 1999

Autovenda e vendedor de ruta1.230 ptas.+IPC 1999

Compensación por gardas en festivos 2000

Para todo o persoal: importe 1999+(IPC 1999+040%).

ANEXO III

Festas laborais de carácter retribuído e non recuperables

1 de xaneiroAno novo

6 de xaneiroEpifanía do Señor

19 de marzoSan Xosé

1 de abrilXoves Santo

2 de abrilVenres Santo

1 de maioFesta do traballo

17 de maioDía das Letras Galegas

12 de outubroFesta nacional de España

1 de novembroTódolos Santos

6 de decembroDía da Constitución Española

8 de decembroInmaculada Concepción

25 de decembroNatividade do Señor

Festas de carácter local

29 de marzoReconquista de Vigo

16 de agostoSan Roque

Sábados de campaña que se traballará 1999

Serán 16 sábados que hai que traballar.

Comprenderá os dezaseis sábados de maior venda. Fixarase na delegación e distribuirase entre o persoal, de tal maneira que a delegación dea servicio durante o maior número de sábados posibles, dentro do período de campaña estipulado pola empresa entre o 1 de abril e o 30 de setembro.

Os dezaseis sábados faranse comezando o día 8 de maio e rematarán o 21 de agosto, ámbolos dous incluídos.

Calendario de vacacións

NomePeríodo

Álvaro Posada SánchezDo 4-10 ó 2-11

Enrique Souto DomínguezDo 2-11 ó 1-12

Antonio Álvarez VázquezDo 4-10 ó 2-11

José E. Escudero CerviñoDo 2-11 ó 1-12

Jorge Juan Collada PérezDo 2-12 ó 31-12

Casiano Areal PumarDel 1-9 ó 30-9

Mª del Carmen Valcárcel VilasSegundo calendario

xeral

Calendario laboral horario do persoal

promotores, autovendas e vendedor

de ruta 1999

Horario en campaña do 1 de abril ó 30 de setembro de 1999:

De luns a venres de traballo a tarefa

a razón de 8 horas, 40 min.x122 días1.057,33

-Sábado de traballo a tarefa a

razón de 8,0 horasx16 días128,00

Horario non campaña do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1999:

De luns a venres de traballo a tarefa

a razón de 6 horas, 10 min.x99 días610,50

Sábados festa1.795,83

Nota:

* Faltan 1,17 horas.

* A hora de entrada no período do 1 de abril ó 30 de setembro, será a seguinte: 8 horas.

* A hora de entrada durante o resto do ano será a seguinte: 8.30 horas.

* A xornada rematará unha vez realizada a misión diaria.

Calendario laboral horario persoal

camarista 1999

Horario do 1 de abril ó 30 de setembro de 1999:

De luns a venres122x8 horas, 40 min.1.057,33

Sábados16x8128,00

Horario non campaña do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1999:

De luns a venres99x6 horas, 10 min.610,50

SábadosFesta

1.795,83

Nota:

* Faltan 1,17 horas.

* As horas de entrada e saída no período do 1 de abril ó 30 de setembro, serán as seguintes: 8 a 13/16 a 20 horas.

* As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes: 8.30 a 13/16 a 19 horas.

Calendario laboral horario persoal

administrativo 1999

Horario do 1 de maio ó 31 de agosto de 1999:

De luns a venres84x8 horas, 45 min.735,00

Sábados16x6 horas96,00

Horario resto do ano 1999:

De luns a venres140x6 horas, 55 min.968,33

SábadosFesta

1.799,33

Nota:

* Sobran 2,33 horas.

* As horas de entrada e saída no período do 1 de maio ó 31 de agosto, serán as seguintes: 8.30 a 13.15/16 a 20 horas.

* As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes: 9 a 13/16 a 19 horas.

Calendario laboral horario persoal

televendedor 1999

Dentro do marco dunha xornada de 1.797 horas en cómputo anual efectivas de traballo, o número de horas/ano que traballará cada televendedor, así como o seu reparto por meses, estará relacionado co número de clientes que hai que chamar respectando, en todo caso, as disposicións legais sobre a materia.

As horas de entrada e saída serán as adecuadas para atende-los clientes de televenda.

A duración da xornada e os horarios de entrada e saída, serán fixados no propio centro de traballo.