Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, con data do 7-5-1999, os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para o alleamento das parcelas referidas, exponse ó público por 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario, de presentarse reclamacións ós pregos.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño.

2. Obxecto do contrato: alleamento das parcelas ZC-2 e ZC-14 do polígono da Uceira.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: restrinxido. Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 937.500 e 1.700.000 ptas. repectivamente.

5. Garantías: provisionais: 18.750 e 34.000 ptas. respectivamente. Definitivas: 37.500 e 68.000 ptas. respectivamente.

6. Obtención de información e documentación: Concello do Carballiño, Pza Maior-1,32500 O Carballiño. Teléfono: 988 53 00 07; telefax: 988 53 00 08.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non requirida.

8. a) Presentación de solicitudes de participación: no rexistro xeral do concello durante os 14 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), segundo se expón na cláusula X dos pregos.

b) Documentación que hai que presentar: as solicitudes presentaranse en sobre pechado, coa inscrición e contendo a documentación que se sinala na cláusula X dos pregos de condicións particulares.

9. Ó tratarse dun procedemento restrinxido, o número máximo de empresas que se pretende invitar será de 5.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Posibilidade de adxudicación negociada: de conformidade co disposto nos pregos, se o procedemento se declarase motivadamente deserto poderá acudirse á utilización do negociado para a selección do adxudicatario.

12. Modelo de solicitude de participación: segundo se recolle no anexo III ós pregos.

O Carballiño, 18 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado