Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Faise pública a convocatoria de concurso de méritos para prover unha praza de socorrista para a piscina municipal deste concello; esta convocatoria para a temporada de verán en réxime de dereito laboral temporal rexerase polas bases aprobadas polo Pleno en sesión realizada o 19 de abril e publicadas no BOP e no taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado número un do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no último dos diarios oficiais, ou ben, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes desde a publicación no último dos diarios oficiais, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente.

Vilar de Santos, 15 de abril de 1999.

Xosé Antón Jardón da Cal

Alcalde