Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Oleiros, en sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 1999, en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Coruña, aprobou o expediente administrativo, de carácter plurianual, para a contratación, por medio de concurso con procedemento aberto, da obra denominada: proxecto constructivo, construcción, subministración e montaxe de equipos de nove (9) parques de reciclaxe.

A través deste anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oleiros en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral do Concello de Oleiros.

c) Número de expediente: 9/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto constructivo, construcción, subministración e montaxe de equipos de nove parques de reciclaxe destinado á Mancomunidade de Municipios da área da Coruña.

b) Número de unidades que hai que entregar: nove parques de reciclaxe.

Cada parque estará dotado con contedores de grandes dimensións, equipo de trituración e compactación e demais infraestructura para o seu correcto funcionamento. Así mesmo, para uso común da totalidade de instalacións, inclúese a subministración de tres camións con equipo de gancho para carga, transporte e descarga de contedores.

c) División por lotes e número: indivisión do obxecto do contrato. Non hai lotes.

d) Lugar de execución: nos lugares que indiquen os concellos da mancomunidade.

e) Prazo de execución: catro meses contados a partir da data da última acta de comprobación do replanteo, sen que tal data sexa posterior ó 30 de setembro do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 250.772.192 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 5.015.445 ptas.

b) Definitiva: 10.030.888 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral do Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: Oleiros (A Coruña), 15173.

d) Teléfono: 981 61 00 00.

e) Fax: 981 63 10 29.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 30 días naturais.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2 ou 6, categoría D.

b) Otros requisitos: esíxese acreditación de solvencia técnica e profesional dos empresarios e a presentación de proxecto básico.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 30 días naturais seguintes a aquel en que apareza publicado o anuncio de licitación no DOG; ata as 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a determinada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral do Concello de Oleiros.

Enderezo: Praza de Galicia, nº 1.

Localidade e código postal: Oleiros (A Coruña), 15173.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten. Cada licitador unicamente poderá presentar unha soa proposición.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Oleiros (A Coruña), 15173.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións.

Constan no expediente.

Prego de prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios.

Os da publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e xornais.

Esther Pita Pita

Alcaldesa