Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da modificación das normas subsidiarias de Nigrán, referida á ordenanza 13.

O Concello de Nigrán, por acordo plenario do 27 de maio de 1999, aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, do Parlamento de Galicia, a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ordenanza 13, coa indicación de que a nova ordenanza non implica modificación do réxime de protección establecido na Lei de costas.

Por aplicación do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificacióon aprobada quedan condicionadas á recepción do expediente pola consellería competente e á publicación da ordenanza segundo o establecido na lexislación de réxime local.

A citada resolución pon fin á vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 3 de xuño de 1999.

José Villar Pereira

Alcalde