Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 12 de maio de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido

da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Vigo, 12 de maio de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Margarita Pastoriza Bermúdez.

DNI: 35.291.402.

Resolución: extinción do dereito á pensión non contributiva.

Causa: traslado da súa residencia fóra do territorio español por tempo superior a 90 días durante o ano natural.

Fundamento de dereito: artigo 167 do T.R.L.X.S.S., aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994 e artigo 9 en relación co artigo 10 do R.D. 357/1994.

Cantidade que hai que reintegrar: 277.560 ptas. (1.668,17 euros*).

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).